O Garaysa Xiria aprende a sufrir e faise coa vitoria

Disputábase a novena xornada da división de honra infantil masculina, o Garaysa Xiria viaxaba até Vigo para enfrontarse ao Seis Do Nadal, un rival difícil, coas ideas claras, que sabe ben ao que xoga.
Ao comezo do partido o Seis do Nadal mandaba no marcador e no ritmo de xogo; dividindo o seu ataque en dúas fases, a primeira lenta e a segunda rápida e intensa cun bo xogo de progresións sucesivas e aproveitando a envergadura do pivote; xeraba moito espazo na estática defensa carballesa. O Garaysa Xiria moi irregular que por veces parecía atoparse a se mesmo conseguía porse por diante no minuto 10; pero os locais moi loitadores durante todo o partido manterían a igualdade ao longo da primeira parte. Chegábase ao descanso 13 a 14 e se o Garaysa quería levar os puntos debería traballar moi duro na segunda parte.
Sentoulle ben aos carballeses o paso polos vestiarios, que corrixiron a súa defensa e fixeron do contraataque en primeira onda unha virtude que o Seis do Nadal non puido contrarrestar e conseguindo así a súa novena vitoria noutras tantas xornadas; pero con detalles que deberá adestrar se queren evolucionar no seu xogo.

Na seguinte xornada, o Garaysa Xiria recibe a visita dos Luceros, equipo de base do Cangas de Asobal.

Incidencias: Partido disputado no Pavillón municipal de Coia ante 150 seareiros de ambos conxuntos. Colexiado: Ángel Villar Corrales do colexio galego. Castigaron con exclusión polo Garaysa Xiria a Antonio Calvelo (8´) e Aaron Rodríguez (40´). 7 metros: Seis Do Nadal 2/4 // Garaysa Xiria 4/4.

Marcador cada 5 minutos: 3-2, 4-6, 7-8, 11-11, 13-14, descanso, 16-18, 18-23, 20-29, 23-33, 24-36.

SEIS DO NADAL 24 ( 13 + 11 ): Aseir Cerqueira, Jonathan Patiño, Antón Seijo, Juan González, Adrián González, Iago López, David Álvarez, Adrián Abril, Javier García, Pablo Fernández, Xosé Henrique Costas, Samuel Carrera.

GARAYSA XIRIA 36 ( 14 + 22 ): Pedro Pena [p], Darío Calviño [p], Áaron Rodríguez (2), Carlos Varela (1), Mario Cancela (4), Daniel Mallo (4), Fernando Mallo (3), Juan Pereira (7), Diego Antelo (2), Julián García (8), Antonio Calvelo (2), Pablo Esmoris (3).