Mat. Atl. Naron: María, Miriam, Iria, Leila, Sofía (12), Silvia (3), Belén (3), Carla (1), Jennifer e Fandiño.
Delicatessen D-vicio Xiria: Sara, Belén, Clara, Cristina (1), Rosana, Carolina (4), Aida (12), María.
Colexiados: O colexiado Jose flores non influiu no resultado final.
Primeira derrota do equipo infantil femenino de Xiria en terras ferroláns, nun encontro igualado que ao final decidiu a efectividade no lanzamento a portería do Narón. O dominio no marcador durante a primeira metade das carballesas viuse truncado pola sinalización de cinco xogos pasivos, situación que provocaba que as xogadoras do Xiria tivesen que precipitar o seu ataque e, así, propiciar continuos erros que aproveitou o Narón para marcar en contraataque. Desta maneira, o “correrúas” favoreceu a un Narón que iguala na clasificación ao Delicatessen D-Vicio Xiria con 4 puntos.
A vindeira semana, o Xiria enfróntase ao Camariñas en Carballo. Unha victoria daría o título de liga ás carballesas e as clasificaría para a disputa do Campionato Galego.