MECALIA ATL. NOVÁS 22 – CALVO XIRIA 36
23/09/2007 MECALIA ATL. NOVÁS 22 – CALVO XIRIA 36 Mecalia Atl Novás (11+11) 22: Santiago, Marcos, Cristian (2), Óscar (4), Estaban, Sergio (3), Paulo (2), Manuel, Benigno (3), Eros, Noé…
23/09/2007 MECALIA ATL. NOVÁS 22 – CALVO XIRIA 36
Mecalia Atl Novás (11+11) 22: Santiago, Marcos, Cristian (2), Óscar (4), Estaban, Sergio (3), Paulo (2), Manuel, Benigno (3), Eros, Noé (2), Pablo (2), Álvarez e Iago (4).
Calvo Xiria (17+19) 36: Quique, Ángel (2), Cuco (3), Pablo (3), Álex (4), Cristophe (6) e Chimpo (7) -equipo inicial – Iago, Pombo (6), Bruno (5), Fernando e Roberto.
O Calvo Xiria impúxose no partido de volta da eliminatoria de oitavos de final da Copa Federación Galega disputado o domingo no Pavillón do Rosal ante o Novás por unha diferencia de catorce goles, 22 a 36, que deixa ben ás claras o que sucedeu no choque.
Comezou o Calvo dominando o marcador cun parcial de saída de 0 – 3, máis unha exclusión supuxo un balón de osíxeno para o cadro local que empata o partido no minuto cinco. A partir deste momento e baseándose nunha boa defensa e un contraataque eficaz, con moitas menos perdas de balón que no encontro de ida, o Xiria conseguiu unha diferencia no marcador que foi crecendo ata o minuto 25 no que xa ía oito goles por enriba e so nos derradeiros minutos do primeiro tempo foi quen o Novás de se achegar no electrónico para deixar un parcial de 11 – 17 que reflectía fielmente o acontecido na pista.
Á volta do descanso o primeiro ataque dos locais foi abortado por unha boa defensa e un contraataque que rematou en gol, situación que se repetiu nos seguintes tres ataques. O parcial de 0 – 4 cerraba o partido e os 25 minutos finais foron un mero trámite.
Agora esta competición queda aparcada ata o mes de Abril e comeza a liga. Os carballeses desprazaranse a Pontevedra para xogar contra a S. D. Teucro co claro obxectivo de acadar os dous primeiros puntos deixando de paso unha boa imaxe.