ACORDO CON BERTV (BERGANTIÑOS TELEVISIÓN)

A directiva do Xiria chegou nas derradeiras horas a un acordo coa canle de televisión BERTV para que todos os afeccionados da comarca poidan seguir disfrutando do balonmán como xa viñan facendo na pasada campaña. Os encontros do Calvo Xiria continurán retransmitíndose en diferido no serán dos luns. Comezan as emisións cun prato forte: o vindeiro luns emitirase o encontro entre o Calvo Xiria e o Peguform SAR, actual campión de liga, que se disputa este sábado ás 17.00 h no Pavillón da Zona Escolar de Carballo.

Ademáis continúase coa emisión do programa «Máis Pega», programa deportivo dedicado integramente ao balonmán e que analizará toda a actualidade deste deporte todos os xoves ás 20.30 h.

Os partidos e o «Máis Pega» serán retranmitidos e presentados polo xornalista carballés Juan Luís Silva que contará cun equipo de comentaristas e invitados representativos dentro do balonmán carballés.

RADIOXIRIA
Os partidos do Calvo Xiria continuarán a retransmitirse en directo a través de RadioXiria que se pode escoitar dende a nosa páxina web www.xiria.net/balonman, comezando tamén as emisións co encontro calvo Xiria – Peguform SAR, sábado ás 17.00 h.