Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

RASOEIRO BM 29 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 30

Rasoeiro Bm 29 (15+14): Aarón, Bruno (2), Ismael (4), Abraham, Robin (5), José (5), José Luis (13) -equipo inicial- Luis, Iñaki, Sergio, Alexandre, Daniel. Ifecgás Pereira Xiria 30 (13+17): Naya,…

Rasoeiro Bm 29 (15+14): Aarón, Bruno (2), Ismael (4), Abraham, Robin (5), José (5), José Luis (13) -equipo inicial- Luis, Iñaki, Sergio, Alexandre, Daniel.

Ifecgás Pereira Xiria 30 (13+17): Naya, Antón (6), Zas (9), Iago (4), Martín, Brais (7), Dani (3) -equipo inicial- David (1), Jorge, Adrián, Iván, Cristian.

Colexiado: Águeda e Iván Meijide. Non estiveron afortunados, pero non tiveron inflluencia no resultado final dun encontro que se puido decantar para calquera dos dous bandos.

O Ifecgás Pereira Xiria comezaba a súa andaina na liga de División de Honra xuvenil 2009-2010 no Pavillón Municipal do Grove onde se medía ao Rasoeiro Bm, un equipo recén ascendido pero que conta cun bo plantel.

O partido estivo á altura das expectativas e, aínda que os equipos no estiveron finos, si mantiveron un nivel de competitividade aceptable, o que posibilitou un encontro atractivo para o espectador por mor da igualdade que reinou na pista.

A primeira metade transcorreu con absoluta igualdade, os empates e as vantaxes de un gol era a tónica xeral, ata que o Rasoeiro nunca superioridade, poñía terra de por medio e íase de tres goles cerca do descanso. Sen tempo para máis, os do Ifecgás Pereira Xiria conseguían facer o seu gol número 13 e deixaban as espadas en todo o alto cara a reanudación, 15-13.

Na segunda parte, o partido comenzou de xeito semellante á primeira, pero eran agora os locais os que mantiñan a dianteira con curtas vantaxes. Chegábase, desta maneira, aos últimos cinco minutos de partido onde o Xiria conseguía empatar o encontro.

Dende aquí ata o final a incertidume reinaba no Municipal do Grove, unha incertidume que rompeu Álex Zas cun lanzamento exterior a falta de dous minutos e un gol en contaataque despois dunha interceptación defensiva a falta de un minuto para o remate. Nos derradeiros segundos de partido, os mecos non foron quen de batir a portería carballesa e desta forma os primeiros dous puntos da competición viaxaban a terras bergantiñás.

Na próxima xornada ,o Ifecgás Pereira Xiria enfróntase, o sábado no Pavillón da Zona Escolar de Carballo, ao Mecalia Atl. Novás, que ven de derrotar de xeito contundente ao Bm Pabellón Ourense.