Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Previa da xornada

Non para o balonmán para Xiria

O Goldie Xiria xógase este sábado o pase a semifinais da Copa Federación, deberá vencer ou empatar no encontro que as mide ante o Pabellón de Ourense. En principio non…

O Goldie Xiria xógase este sábado o pase a semifinais da Copa Federación, deberá vencer ou empatar no encontro que as mide ante o Pabellón de Ourense. En principio non debería ter problemas o Xiria, máis si cabe, ao xogar na casa, pero deberá apuntalar a súa vitoria con máxima intensidade defensiva e velocidade na saída ao contraataque, factores que foron fundamentais na vitoria en Ferrol. Deberá vixiar tamén o lanzamento exterior das xogadoras ourensás, e intentar romper a circulación do balón. Para o encontro volven María Gómez, Zeltia Landeira e Lucía Vilariño, pero será baixa por lesión Natalia Solis con respecto a semana pasada.

Derradeiro partido de competición oficial para os equipos de DH. O rival será o Academia Octavio de Vigo. O domingo dende as 10:00 no Vila de Noia, mediranse os infantís, cadetes e xuvenís de ambos clubs en partidos que deberían de ser de moita calidade e por suposto, moi disputados.

O sábado no Pavillón do CEIP Fogar, dende as 09:45, derradeira xornada da liga regular de minibalonmán para todos os equipos alevíns e benxamíns de Escolas Balonmán Xiria. Moitas cousas en xogo e espectáculo garantido por parte dos máis pequen@s do club.

Máis sobre isto