Nova convocatoria seleccións autonómicas

As Escolas Balonmán Xiria seguen a nutrir á Preselección Galega de rapaces.

Seis rapaces do Balonmán Xiria foron convocados para os diversos adestramentos da Preselección Galega de Balonmán deste domingo día 12.

O xuvenil Andrés Vila do Laber Xiria, así como os cadetes do Grupo Lemaco Xiria Alejandro Gómez e Mario Cancela están citados para adestrar ás 17:00 horas no Pavillón Multiusos (Pontevedra).

Por outra banda, os infantís do Garaysa Xiria aportan á Preselección aos habituais Martín Fuentes, Julián García e Esteban Puñal, que adestran o día 12 ás 16:30 horas no Pavillón A Bombonera de Redondela.

O adestramento desta fin de semana da Preselección Galega Xuvenil de Balonmán será a segunda xornada de traballo para Adrián Dubra como segundo adestrador da categoría, con vistas a preparar o vindeiro Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se levará a cabo na provincia de Pontevedra do 2 ao 7 de xaneiro de 2018.

collage