Nova vitoria do Garaysa Xiria na primeira visita a domicilio

Novo encontro contra o Oar Coruña, aínda que agora como visitantes, que levou a mesma tónica que o da fin de semana pasada na casa contra os mesmos. Na primeira metade, os de Carballo saíron centrados en defensa e en ataque,  cunha defensa que nos permitiu coller gran vantaxe ao comezo, e mantela durante os 50 minutos de encontro. Os locáis presentaron unha defensa 6:0, ben cerrada no centro, pero que nos permitiu aproveitar boas ocasións de gol nas zonas exteriores. En lanzamento e pase seguimos tendo varios erros e imprecisións, algo que ao longo da competición, e collendo de novo o ritmo esperamos solventar.
 
A segunda metade foi moi similiar, logo de que o equipo local cambiara a defensa a 3:3, unha defensa similar a nósa, para a cal xa estamos preparados, e poidemos desmontar mediante o xogo entre líneas co pivote e cos extremos.
 
Un partido máis que poidemos aproveitar moito, e ir preparando o resto de partidos que nos veñen. O equipo segue con boas sensacións e xa está de volta aos entrenos para pensar xa no seguinte partido.
 
Oar Coruña 15 (6+9): Leo Cousillas, Victor Alonso(1), Rodrigo Serantes(1), Marco Rodriguez, Nicolas Gamas(1), Carlos Ortiz, Angel Ortiz(4), Leo Fagot(3), Roi Tarrio(2), Yan Rusmir(1), Iker, Matias castro(1), Sergio Prada(2).
 
Garaysa Xiria 33 (19+14): Maxi Dias(1), Diego Mourelle(2), Nicolas Cancela(6), Henrique Traba(5), Brais Suarez (1), Daniel Periscal(8), Jorge Rodriguez, Anton Pardiñas, Yago Sande, Alvaro García, Simon Viña(5), Lucas Amado, Marcos Suarez(7).