O Metalúrgica BB Xiria perde no seu primeiro partido fóra da casa

Os nosos rapaces do Metalúrgica BB XIria desprazábanse na mañá do domingo ata o Pavillón de Almeiras (Culleredo) para disputar a súa segunda xornada de liga. O rival era o mesmo que o da pasada xornada en Carballo, o Bm Culleredo Construpereiro, polo que se prevía un partido complicado.

O partido comezou con moitos erros no lanzamento e con moitas precipitacións no pase para os nosos, o que causou que o Bm Culleredo se puxera con moita vantaxe no marcador xa dende os primeiros minutos e se marchase ao descanso cun claro 19-7.

A segunda metade foi moi diferente, e a pesares da renta de 12 goles, o Metalúrgica BB olvidouse do marcador e consegueu competirlle a un superior Bm Culleredo, reflexando así un 14-11 nesta metade, e así, poder marcharse para Carballo cun mellor sabor de boca, logo dunha mala prmiera metade.

Está claro que cada partido será un aprendizaxe continuo para estos rapaces, xa que contan con pouca experiencia no bm7, debido á situación da tempada pasada.

A fin de semana que ven, ao Metalúrgica BB tocarálle visitar a pista do Bm Camariñas, no que se espera un encontro máis igualado e apaixoante.

 

METALÚRGICA BB XIRIA  18 (7+11): XANO RAMA, ALVARO GOMEZ (1), MARCOS VARELA (10), ANDRES PEDREIRA (1), XABIER FERNANDEZ (1), ANDRES POMBO (1), DIEGO BARBEIRA (3), NICOLAS MEJUTO, HUGO RIVAS.

BM CULLEREDO CONSTRUPEREIRO 33 (19+14): RUBEN GANTES, TEO LOPEZ, FABIAN MANZO (6), HUGO VAZQUEZ (3), NOE VILLAMISAR (1), NICOLAS ARIAS (2), NICOLAS DIAZ (3), ADRIAN LOPEZ, JOSE MIGUEL MARTINEZ (5), IAGO ALLEGUE (1), MATEO IGLESIAS (5), ANTON PEREZ (3), MATEO PEREZ(4).

https://www.youtube.com/watch?v=1aBsYl8gANc