Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Vitoria conduntente do Garaysa Xiria

Os locais marcaban diferenzas desde o inicio do partido; non querían ningún sobresalto e saían mentalizados nas tarefas defensivas, comportándose como un bloque unido e non permitindo lanzamentos sinxelos. Ao…

Os locais marcaban diferenzas desde o inicio do partido; non querían ningún sobresalto e saían mentalizados nas tarefas defensivas, comportándose como un bloque unido e non permitindo lanzamentos sinxelos. Ao descanso chegábase con 16-10.
O único que lle faltaba ao Garaysa era aproveitar as transicións defensa-ataque e na continuación subiu o ritmo do encontro deixando sentenciado nos primeiros minutos.
Boas sensacións para os carballeses, que o seguinte fin de semana viaxan a Vigo, á pista do líder por agora invicto, o A. D. Carballal. Proba de lume para os dous equipos, xa que pronto se verán as caras outra vez na seguinte fase.

Incidencias: Partido disputado non Pavillón Vila de Noia cunha entrada con preto de 100 seareiros. Colexiado: Christian García Fernández do colexio galego. Sen complicacións. Castigou con exclusión a Franco Rial (5´) e Iker Martínez (12´,23´) por parte local, namentres polo Cinco Xotas Lavadores foi sancionado Pablo Cazapal (34´). // 7 metros: Lavadores 1/1.
Marcador cada 5 minutos: 4-1, 8-3, 12-6, 14-8, 16-10, descanso, 20-11, 26-14, 31-16, 37-19, 42-22.

GARAYSA XIRIA 42 ( 16 + 26 ): Julio Ferreiro [p], Diego Lema [p], Mario Rincón (8), Alejandro Gómez (9), Mario Cancela (7), Juan Pereira (3), Diego Antelo (1), Iago Rincón (3), Adrián Mesejo, Iker Martínez (5), Franco Rial (5), Xurxo Díaz (1).

LAS CINCO JOTAS LAVADORES 22 ( 10 + 12 ): Pablo Cazapal (1), Diego Pérez (8), Pablo Lora (2), Pablo Rodríguez, Pablo Fernández (2), Nicolás Alonso (6), Marcelo Sabín (2), Daniel Pérez (1), Antero Molares, Alberto Covelo, Iago Fernández, Hugo Rodríguez.

Garaysa-Lavadores Garaysa-Lavadores2 Garaysa-Lavadores3 Garaysa-Lavadores4 Garaysa-Lavadores5 Garaysa-Lavadores6 Garaysa-Lavadores7 Garaysa-Lavadores8