Nova Vitoria do Grupo Lemaco B en Lugo

Balonmán Lucus 24 – Grupo Lemaco Xiria B 32 (9-17)

Tamén acadou a Vitoria o Grupo Lemaco B cadete en Lugo fronte ao Lucus, nun partido que dominou dende inicio e no que amosou moito orden e velocidade ante a maior envergadura dos lucenses.
Comezou moi asentado o Xiria na súa defensa 5:1 impedindo que os lanzadores contrarios se achegasen con perigo e sobre todo aproveitando cada fallo do rival para sair e marcar a contra. Un parcial de 1 a 5 inicial, daba boa conta das gañas e confianza que demostraba o equipo no arranque. Cos minutos o Lucus insistía no xogo interior cos seus pivotes, o que as veces dáballe resultado e anotaba e outras precipitaban e cedían a posesión ao Xiria que no contragolpe ía incrementando distancias.
Logo do descanso, o Lucus achegouse timidamente no marcador, a base de lanzamento exterior cando o Grupo Lemaco por veces dou pasiños atrás e perdeu profundidade na defensa, pero o bo facer do Xiria no ataque especialmente moi atinados dende os extremos, aguantaba o marcador e deixaba un cómodo final de partido para os de Carballo.

Balonmán Lucus 9 (24): Juan Amedo 1, Adrián Feijoo, Adrián López, Brais Redondo 13, Unai López 8, Samuel Hermida, Bieito Martínez, Angel Canario 2

Grupo Lemaco Xiria B 17 (32): David Pensado, Bruno Facal 1, Manuel Rey 8, Manuel Pérez 3, Marcos Amarelle 2, Pablo Veiga 9, Hugo García 5, Pablo Suárez 2, Miguel Cambón 1, Angel Villar e Dani Bello 2
Arbitraron: José Flores e Sergio Rios