Vitoria do Calvo Xiria apoiada n@s seus seareir@s
Trepidante partido o vivido no Vila de Noia este sábado. Dous equipos sabedores da importancia dos puntos en xogo e dúas afeccións envocardas cos seus, converteron a 20ª xornada da…

Trepidante partido o vivido no Vila de Noia este sábado. Dous equipos sabedores da importancia dos puntos en xogo e dúas afeccións envocardas cos seus, converteron a 20ª xornada da 1ª Estatal nunha festa no pavillón carballés.
Dominou os primeiros trinta minutos o Acanor Atl. Novás, que sobre todo a partir do dez fíxose co dominio do partido, logo dun inicio no que os dous equipos non estaban a traballar na faceta defensiva coma neles é habitual. A facilidade na mobilidade do balón e os lanzamentos dende os laterais por parte dos visitantes foron as armas cas que traballaron para levarse unha diferenza de catro goles aos vestiarios, apoiándose no traballo na portería de Kevin para poder correr algún contraataque. Panorama escuro para os carballeses, que non so perdían no partido senón que tamén tiñan en perigo a diferenza de goles. Mais o paso polos vestiarios sentou de marabilla aos verdinegros. En cinco minutos recuperaron tres dos catro goles perdidos e cando se marchaba polo minutos dez da segunda metade a igualdade reinaba no marcador. Moito tivo que ver o empuxe dos seareiros carballeses que animados pola charanga Bloco da Batucada non deixaron de apoiar aos seus durante os sesenta minutos, e como non podía ser doutro xeito, o Calvo Xiria respondeu traballando a reo para impedir que os puntos marchasen de Carballo. Trinta minutos dunha labor defensiva encomiable, nos que deixaron ao Novás en sete goles. Un ataque con moita máis profundidade e no que se anotaron goles dende todas as posicións foi fundamental para levantar o parcial en contra. Moito queda agora que facer nas dez xornadas de liga que faltan para que esta vitoria sexa fundamental ao final da competición.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Vila de Noia con preto de 600 seareiros nas bancadas, entre os que se deixou sentir un grupo de rosaleiros. Colexiados: José Alberto Macías de Paz e Ernesto Ruiz Vergara do colexio andaluz, sen complicacións. Castigaron con exclusión polo Calvo Xiria a Ramón Suárez (18´, 38´), Brais Puñal (26´) e Manuel Méndez (50´), namentres polo Acanor At. Novás foron sancionados Carlos Rodríguez (5´), Alexander Tsybanev (26´), Manuel Martínez (38´) e Miguel Trigo (47´). 7 metros: Calvo Xiria 3//5 Acanor At. Novás 2//4. Marcador cada 5 minutos: 3-4, 6-7, 6-9, 8-11, 9-13, 12-16, descanso, 16-17, 18-18, 20-20, 21-20, 23-21, 26-23.
CALVO XIRIA 26 (12+14): Martín Gómez [p], Iago Gómez [p], Alejandro Naya, [p], Alejandro Calvete, Brais Puñal (2), Manuel Méndez (2), Sergio Facal (4), Uxío Batán (1), Martín Alfeirán (7), Gonzalo Pombo (4), Ramón Suárez–Pumariega (1), Jorge Bouzas, Javier Rodríguez (3), Mario García de Seárez, Carlos Vilanova (2), Juan Carlos Rodríguez.
ACANOR AT. NOVÁS 23 (16+7): Kevin García [p], David Álvarez [p], Roberto Rodríguez (8), Iago Flores (1), David Lechuga (3), Jorge Pousa, Sergey Tsybanev, Víctor Armán, Ismael Rodríguez, Carlos Rodríguez, Alexander Tsybanev (3), Miguel Sío (3), Jorge Rodríguez, Manuel Martínez (4), Miguel Trigo (1).