Nova vitoria e liderado do Garaysa Xiria

Despois de sete xornadas da división de honra infantil o Garaysa Xiria conta os seus partidos por vitorias e é o líder en solitario aproveitando os empates entre os demais equipos de cabeza.
Nesta xornada, o Garaysa Xiria viaxou a Redondela para enfrontarse ao Bm Chapela. O partido iniciou igualado; os ataques impúñanse ás defensas, abrigo en zonas exteriores onde os extremos dos dous equipos incháronse a marcar goles. Mediada a primeira metade os carballeses corrixirían ese pequeno erro defensivo e imprimiríanlle unha marcha máis ao partido; o que lle permitiu distanciarse para chegar ao descanso 13 a 23.
Na segunda parte, e co partido visto para sentenza o Garaysa mostrou a súa mellor cara en ataque posicional, podendo enlazar accións individuais e colectivas das que gozo o público presente e onde se ve unha clara melloría do equipo.
Ao final o resultado foi de 27 a 43.

Na seguinte xornada o Garaysa Xiria recibe a visita do Cisne de Balonman, segundo clasificado e a dous puntos dos carballeses. Bo partido o que poderemos presenciar no Vila de Noia.
Incidencias: Partido disputado non pavillón municipal de Chapela cunha entrada de 150 seareiros. Colexiado: Andrea Arcibay Cerqueira do colexio galego.
Marcador cada 5 minutos: 4-7, 5-11, 8-16, 10-21, 13-23, descanso, 15-27, 19-30, 20-33, 24-38, 27-43.

BM CHAPELA 27 ( 13 + 14 ): Adrián Sousa, David Pastor, Jorge Domato, Diego Daila (3), Javier Domínguez, Gabriel Iglesias, Marcos Serrano (4), Manuel González (8), Anxo Fontán (7), Roberto Casido (3),  Anxo Silgueira (2).

GARAYSA XIRIA 43 ( 23 + 20 ): Pedro Pena [p], Darío Calviño [p], Aarón Rodríguez (3), Carlos Varela (2), Mario Cancela (5), Daniel Mallo (7), Fernando Mallo (7), Juan Pereira (7), Diego Antelo (3), Julián García (4), Javier Rodríguez (1), Antonio Calvelo (5), Pablo Esmoris.

clasificacion-jornada-7 img_1313 img_1315 img_1316 img_1317 img_1319 img-20161105-wa0010