Dominio do Punta Del Este Xiria e dous puntos máis.

A disputa da segunda xornada da 2ª división infantil feminina, levaba a segunda vitoria ó marcador do Punta del Este Xiria.
As carballesas recibían no seu feudo ao Bm Xallas A, e desde o comezo deixaron claras as súas intencións de xogo e dominio do partido; cunha férrea defensa e rápidas subidas ao contraataque, distanciáronse no marcador.
A superioridade física e de xogo fixo gozar ás xogadoras locais dunha vitoria cómoda ante un equipo recentemente formado que seguro crecerá ao longo da competición.
A semana que vén as carballesas viaxan a Camariñas para enfrontarse ao Esc. Mcpal. Camariñas; onde os dous equipos comparten liderado neste momento, empatados a puntos; unha proba difícil ante un equipo con máis experiencia competitiva.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Vila de Noia cunha entrada de 100 seareiros. Colexiado: Pedro Bermúdez do colexio galego. / 7 metros: Punta del Este Xiria 2/3 // Bm Xallas A 1/2

PUNTA DEL ESTE XIRIA 32 ( 21 + 11 ): Anna María [p], Marta Gómez (5), Lucía España, Lara Otero (6), Alba García (9), Nerea Varela (1), Valeria Figueroa, Elena Collazo (1), Ana Pombo, Natalia Cancela (1), Carmen Eirin, Nina Pereira (7), Paula Bouzas (1).

BM XALLAS A 5 ( 4 + 1 ): Lorena Recarey (1), Paula Mourelle, Lucía Carracedo, Miriam Blanco, María Menez, Iria Rodríguez, Antia Gesto (2), Estrella Lois, Laura Baña, Raquel Vilariño (2), Aínhoa Cal, Paula Varela.

img_6241 img_6242 img_6246 img_6247 img_6249 img_6251 img_6252 img_6253 img_6254 img_6255 img_6256 img_6257 img_6258