Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Xeral

Nove clubes tomarán parte no 3º Torneo Internacional de Balonmán ‘Concello de Carballo’

A Sala de Xuntas do Concello de Carballo acolleu a presentación da terceira edición do Torneo Internacional de Balonmán Concello de Carballo, a celebrar os días 6, 7 e 8…

A Sala de Xuntas do Concello de Carballo acolleu a presentación da terceira edición do Torneo Internacional de Balonmán Concello de Carballo, a celebrar os días 6, 7 e 8 decembro nos pavillóns Vila de Noia e Carballo Calero. Nove clubes tomarán parte dun torneo que reunirá a uns 240 deportistas. Son o Xiria, Porriño, Ademar de León, Cinse, Oar, Camariñas, Bueu, Oleiros e Maia Stars de Portugal. O mércores día 6 haberá unha xornada completa para os equipos de categoría benxamín e alevín, mentres que o xoves día 7 celebrarase a primeira xornada o torneo das categorías infantil, cadete e xuvenil, pola tarde, para dar paso o venres ás dúas últimas xornadas, de mañán e de tarde. O sistema de competición será de liguilla e enfrontaranse todos contra todos, coa participación de catro equipos por categoría.

O director técnico da sección de balonmán da AD Xiria, Marcos Rodríguez, salientou na presentación do torneo que «neste tipo de eventos búscase a convivencia e que os chavales se coñezan e disfruten da experiencia. Esto axudará a fortalecer a amizade con xogadores cos que, seguramente, se volverán a atopar. Desde a organización dámoslle moita importancia á labor social que cubre o torneo». O xerente do Patronato Deportivo Municipal, Francisco García, engadiu que «a asistencia aos pavillóns creo que está garantizada, dado o número de deportistas participantes». O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, comentou que «o torneo axuda ao fomento do deporte desde idades tempranas. Carballo é unha das mellores escolas de Galicia de balonmán e é unha ocasión única de comparase con outras entidades de Galicia ou de fóra, como é o caso do Ademar de León. Trátase dunha magnífica oportunidade para disfrutar da alta calidade dos equipos que compiten».

Os equipos campións do «3º Torneo Internacional Concello de Carballo» foron os seguintes:
BENXAMÍN: CAIXANOVA XIRIA A
ALEVÍN :CAIXANOVA XIRIA A
INFANTIL MASCULINO: OAR CAIXANOVA
CADETE FEMININO: BM. BUEU
CADETE MASCULINO: IFECGÁS PEREIRA XIRIA
XUVENIL MASCULINO: OAR CAIXANOVA

As nosas felicitacións a todos eles e ao resto dos equipos paerticipantes polo explendido espectáculo que nos ofreceron nestes tres días de competición

Máis sobre isto