XORNADA 8
18/11/2012
O.A.R. Coruña: 32 (13+19): Sarasola (5), Pazos (4), Pérez (3), Crecente (2), Rey (2), Posende (2), Franco (4), Fuentes (2), Rodríguez (3), Capelán (2), Barbeito (1), Carro (2), González.
Garaysa Xiria: 28 (13+15): Arnejo (2), Fran (1), Vila (5), Tito (2), Tasende, Carlos (4), Xurxo (3), Juanca (3), Antonio, Daniel (3), Brais (4), Ronaldo, Antón (1), Souto.
Colexiadas: Ángel Mateos
O Garaysa Xiria disputaba o primeiro derbi da tempada fronte ao 4º clasificado, o OAR Coruña, e pese ao bo xogo dos carballeses pesou máis o poderío físico dos locais, que remataron por impoñerse nun encontro moi disputado.
Xa dende o comezo o Xiria saíu coas ideas claras en ataque, dando continuidade e buscando as mellores opcións de lanzamento ante a defensa 5-1 do OAR. En defensa o equipo foi máis irregular, houbo momentos de despiste xeral nos que se perdeu a intensidade nas marcaxes e nos apoios, o que permitía aos locais superar con accións individuais nas que a superioridade física supoñía un factor determinante.
Tras rematar a primeira metade con empate no marcador o OAR foi tomando vantaxe a medida que avanzaba a segunda parte. Pero nese momento, que os locais tiñan moi encarrilado o partido, sufriron varias exclusións que foron moi ben aproveitadas polo Garaysa para recurtar diferenzas e volverlle a meter o medo no corpo ao OAR, que viu perigar a vitoria a falta de poucos minutos. Sen embargo os locais nonerraron nos derradeiros ataques e o Xiria non puido culminar a remontada.
Bo partido sen premio para un esforzado Xiria que amosou a súa mellor cara, demostrando unha asombrosa melloría nestas últimas semanas.
Na vindeira xornada o equipo recibe ao Bm. Ártabro, noutro derbi provincial. O encontro xogarase o Domingo 25 ás 12h no Pavillón Municipal Carballo Calero.
