O Atlántico superou ao Grupo Lemaco “B”

2ª Xornada da Liga Prata Cadete Masculino

Balonmán Atlántico 43 – Grupo Lemaco Xiria B 36 (23-20)

Na Liga Prata o Grupo Lemaco B caía diante do Balonmán Atlántico, igualdade ata o minuto 50, pero non puido ou non soubo aguantar o derradeiro arreón do equipo de Oleiros que se facía cos dous puntos en xogo.
Moi metidos durante todo o encontro os xogadores noveles do Xiria, dominaron no marcado e sobre todo no xogo, quizá a defensa carballesa foi permitindo moito durante algunha fases do partido índose a un marcador elevado.
A falta dos 10 minutos finais e co partido igualado, o Grupo Lemaco perdía varios balóns en ataque que aproveitaba o rival para materializar en rápidas contras e abrir brecha no marcador, as urxencias no remate de encontro con erros e novas perdas de balón propiciaron a vitoria do Atlántico.
Partido para aprender e seguir medrando como equipo.

Balonmán Atlántico 43 (23): Daniel García, Adrián Rio 6, Daniel Archilla 2, Pablo Castiñeira 9, Diego Abades 5, Diego Lema 13, Roi Fernández 2, Miguel Fernández, Martín Vinagre 1, Enmanuel García, Daniel González, Iker Curto e Mateo Martínez 5.

Grupo Lemaco Xiria B 30 (12): Xano Rama e Izan Cabeza (porteiros), Aday Gómez 3, Nico Cancela 11, Marcos Varela 7, Simón Viña 1, Alvaro García2, Alvaro Gómez 1, Xabi Fernández, Diego Barbeira 1, Nico Mejuto 2, Andrés Pombo 6 e Andrés Pedreira 2.

Arbitraron: Pablo Torreiro e Jorge Leira