Segunda vitoria para o Nordata Xiria

O Nordata Xiria imponse en Lavadores ante o equipo vigués na segunda xornada da Liga Ouro.

As de Carballo enfrentábanse unha vez máis ante un rival co que xa coincidiu no play off de clasificación, e volveron a levar os puntos da súa visita a Vigo. O arranque de encontro non puido ser mellor para as coruñesas onde un parcial de 1-9 resultou insalvable para as locais. Gran actuación na portería de Lara Varela, que xunto co bó facer da defensa visitante decantaron o encontro de forma clara (13-25).

O Nordata Xiria mantén así unha semana máis o liderato desta Liga Ouro, empatado a puntos co Bm. Cangas e o Bm. Lalín, rival este último na próxima semana en terras dezanas.