O Calvo Xiria afronta unha esixente Supercopa Galicia ante todo un Atlético Novás

Regresa o balonmán ao Vila de Noia e faino da man dun Calvo Xiria que afronta con moita ilusión o primeiro encontro da Supercopa Galicia, unha competición que disputan os oito conxunto da nosa Comunidade Autónoma que mellor clasificación lograron durante a tempada 2020-2021,

Cangas Frigoríficos do Morrazo, Cisne, Acanor Atlético Novás, SD Teucro, BM Lalín, Rodosa BM Chapela, Saeplast BM Cañiza e o noso Calvo Xiria serán os equipos que disputarán esta competición ao longo deste último tramo de verán, na que ao conxunto verde e negro lle tocará afrontar un esigente enfrentamento, o cal tamén será o primeiro partido preparatorio desta pretempada.

Se xa de por si, o rival lle vai esixir e moito aos nosos, Adrián Dubra non poderá contar coa presenza de Diego Antelo e Fran Rey por estar en corentena, así como tampouco con Aaron Rodríguez que segue co seu proceso de recuperación; e ademáis ten a incógnita de Mario Cancela, quen recibirá a vacina do Covid-19 na mañá do mércores e a incertidume das posibles reaccións que lle poida dar, o que o manterá en dúbidas ata practicamente o inicio do encontro.

A pesares de todos estes inconvenientes, o conxunto verde e negro tratará de poñer en práctica todo o adestrado ata o momento neste inicio de tempada e plantarlle cara a un gran rival como es todo un Acanor Atlético Novás que vén de firmar un ano espectacular na División de Honra Prata, loitando polo ascenso ata o último intre.

A cita será este próximo mércores 18 de agosto ás 21.00h., nun encontro no que tamén volverá o público ás bancadas do Vila de Noia, sendo a entrada gratuíta para socios da pasada tempada e de 5€ para o resto de afeccionados.

Todos aqueles que non poidan asistir ao complexo deportivo carballés para presenciar o encontro en vivo e en directo, poderán seguilo a través da nosa canle de Youtube.