Tamara Pombo seguirá portando o 10 do Calvo Xiria

A xogadora carballesa renova a súa vinculación co equipo que a viu medrar, deportivamente falando, e continuará defendendo a camisola nº10 do conxunto verde e negro.

Tamara Pombo Fraga (Carballo, 1992) seguirá ás ordes de Manu López e faino logo dunha tempada na que demostrou a súa polivalencia xa que comezou o ano deportivo como lateral esquerda e rematou no flanco dereito, realizando moi boas actuacións dende ambos postos.

Trátase dunha xogadora cunha gran potencia física e moita entrega, que ademáis conta cun potente lanzamento exterior e que é moi contundente en acción defensivas, cualidades que a converten nunha atleta moi completa e importante para o equipo.

Ademáis de todo o anterior, Tamara volverá a ser vital para as súas cos seus goles dende os 7 metros, onde amosou ser un seguro de vida e unha lanzadora con moitos recursos.