Sheila Ferreiro continuará ligada unha tempada máis ao Calvo Xiria
O Calvo Xiria renova a Sheila Ferreiro e poderá seguir contando cunha desas xogadoras que fan clube e moi comprometida co equipo. Sheila Ferreiro Rama (Carballo, 1998) é unha pívot…

O Calvo Xiria renova a Sheila Ferreiro e poderá seguir contando cunha desas xogadoras que fan clube e moi comprometida co equipo.
Sheila Ferreiro Rama (Carballo, 1998) é unha pívot con gran visión do xogo e con moita capacidade para facilitar numerosas accións as súas compañeiras grazas aos seus bos movementos.
Ademáis de ser unha das capitanas do conxunto verde e negro, a tempada pasada rematou sendo unha peza fundamental, liderando o centro da defensa; e esta próxima campaña espérase dela todavía un paso máis para axudar ao equipo a alcanzar os obxectivos marcados e que teño unha mellora na faceta goleadora.


