O Calvo Xiria atragoarase coa defensa do Lanzarote na segunda metade

O equipo do Xiria, loitou e pelexou durante os 60 minutos; pero na segunda parte, calou no ritmo de xogo canario, que nesta ocasión, xogou mellor e levou os dous puntos.

Dous equipos fortes en está liga, que demostraron querer pelexar por estar no máis alto. Nos instantes iniciais, a tónica foi a igualdade; ata que unha exclusión pusó por diante ao Lanzarote, 5-7. Os de Xiria repoñeríanse da fochanca, xogando mellor e acabando a primeira parte 13 a 13. A única nota negativa foi a lesión de Juanka que arrastraba molestias, e limitaba a rotación carballesa.

Tras o paso por vestiarios, a defensa-portería de ambos os equipos, dominaba o encontro. O Xiria aos poucos caía nas redes visitantes, que pausaban o encontro sempre que podían. Dous goles arriba para o Lanzarote, e tempo morto para organizarse de novo. Esta pequena vantaxe foi unha laxa, para os locais que mesmo viron como crecía a vantaxe ata poñerse 5 goles abaixo. Pero o empeño e a loita por querer sacar algo positivo do encontro minimizou os danos ata o resultado final de 21 a 24.

Bo encontro, o que puidemos ver en Carballo, cun Xiria entregado a pesar do resultado final.

Calvo Xiria 21 – 24 Gourmet Ampate Lanzarote

Calvo Xiria (13+8): Antonio Mato (p), Iago Gómez (p), Franco Rial, Manu Méndez (5), Chimpo (4), Brais Puñal, Fari (2), Jorge Bouzas (2), Julián López, Fran Rey, Edu Cousillas (4), Juanka Rodríguez (3), Adrián Losón, y Álex Gómez.

Gourmet Ampate Lanzarote (13+11): Javier Santana (p), Asier Morillas (p), Rafael Robayna (4), Joel Peraza (2), Roberto Giménez, Luis Morín, Nelson Espiño, Ánder Iriarte (6), Carmelo Álvarez (5), Pedro Cabrera (1), Alexis Rodríguez (3), Boris Sekaric y Acoidán Martín (2).

Marcador cada 5 minutos: 2-2; 5-4; 7-9; 9-10; 10-12; 13-13 (descanso); 14-14; 15-15; 15-17; 17-19; 17-22; 21-24

Árbitros: Pablo García Sánchez (Colegio andaluz) e Ignacio Rubio Díaz (Colegio madrileño).

Incidencias: Partido correspondente á quinta xornada do Grupo A de a Primeira Estatal disputado no Pavillón Municipal Vila de Noia (Carballo).