O Grupo Lemaco atopa o camiño a pesar da derrota

O Grupo Lemaco Xiria recibía ao Luceros, máximo favorito ao título. Os do Xiria, realizaron un bo encontro, levando o timing durante gran parte. Ao final o Luceros fíxose cunha vitoria moi traballada.

Igualdade máxima no tramo inicial do encontro, incluso os do Xiria conseguían ir dous goles por diante ata que mediada a primeira metade dúas exclusións, poñerían de novo as táboas ao marcador. Ao descanso chegaríase con 15 a 16 e o encontro por resolver.

Na continuación, prevalecía a igualdade, a xestión das exclusións, o xogo en superiordad, ademais dalgunha que outra decisión arbitral polémica, fixeron que o partido se fose decantando cara ao lado dun Luceros que se acabaría levando os dous puntos.

Grupo Lemaco Xiria 32 – Pizzería Baratto Luceros 37

Grupo Lemaco Xiria: Darío Calviño [p], Mateo Pallas [p], Alejandro Vázquez [p], Juan Martín Fajardo (1), Martín Fuentes (3), Nicolás García (1), Andrés García (2), Miguel Goimil (4), Pedro Porteiro (2), Esteban Puñal (10), Bruno Facal, Ángel Viña, Samuel Regueira, Alberto Rodríguez (4), Samuel Veiga (1), Julián García (4).

Pizzería Baratto Luceros: Alberto Colinas (1), Álvaro Rosales (1), Gabriel Choren (2), Miguel Hermello (2), Pablo Rodríguez (1), Hugo Dasilva, Manuel Pérez (9), Xoel Gómez, Iago Iglesias (1), Manuel Barreiro (4), Jose Manuel Meira (2), Elías Aakcha (7), Gael Blanco (7).

Árbitros: Pablo Manuel Barreiro e Christian García do colexio galego.

Incidencias: Partido correspondente á quinta xornada da división de honra cadete masculina disputado no pavillón Vila De Noia (Carballo)