O Calvo Xiria cede en Lalín nos instantes finais

Perdeu pola mínimca o Calvo Xiria no Lalín Arena. Con resultado de 28-27.

A primeira metade, o Disiclin Balonman Lalín estivo mellor; levando a iniciativa no ataque posicional; ante unha defesa dos de Carballo, que estivo pasiva; isto propiciaba que o ritmo de xogo se decantáse a favor dos locais e chegando ao descanso 15 a 12.

Mantivo a defensa o Xiria; pero a intesidade foi diferente; arriscando e querendo recuperar balóns; Lalín empezaba a sufrir en ataque. As distancias fóronse reducindo ata chegar a falta de 8 minutos con empate a 24 goles. Un final de partido no que non faltarían accións para a polémica en ambas as áreas; difícil de árbitrar; ante a presión dos instantes finais, e que se decidiu por detalles.

Os equipos de primeira nacional afrontan unha semana de descanso para afrontar as 5 últimas xornadas.

Disiclin Balonman Lalín 28 – Calvo Xiria 27

Disiclin Balonman Lalín (15+13): Tomás Villarroel, Ramón Gil (4), Adrián Crespo (2), Martín Losón (3), Sergio Nunin, Miguel García (2), Pablo López, Miguel López (1), Román Pedreira (6), Xosé Cuiña, Iago González, Pedro Toimil (5), David Failde, Adrián Ferradas (3), Víctor Hidalgo (2).

Calvo Xiria (12+15): Darío Calviño (p), Alejandro Vázquez (p), Aarón Rodríguez (6), David García (3), Fran Rey, Chimpo Rodríguez (6), Daniel Periscal (1), Diego Antelo (2), Jorge Bouzas, Carlos Varela, Marcos Amarelle, Mario Cancela (7).

Árbitros: Julio Villanueva e Pablo Torreiro.

Marcador cada 5 minutos: 1-2, 5-4, 9-6, 10-9, 12-11, 15-12, (descanso), 16-14, 18-17, 21-19, 22-21, 25-24, 28-27 (final).

Incidencias: Partido correspondente a 25ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón Lalín Arena (Lalín).