O Hierros Varela Urbieta tópase co porteiro do Cisne
Décimo quinta xornada da Liga Ouro Cadete Masculina

Hierros Varela Urbieta Xiria 33 – Cisne Colegio los Sauces 43 (14-16)

Chegaba a Carballo o Cisne pontevedrés que loita xunto co Lalín por facerse co campionato galego na categoría cadete, o Xiria saíu consciente de que tiña que facer un bo partido para dobregar ao rival, estivo bastante ben en todas as facetas menos na de lanzamento, unha e outra vez atopouse co porteiro rival que por veces parecía inexpugnable, pese a elo as opcións de dar a sorpresa parecían intactas chegado o descanso. Pero na segunda metade aínda foi peor, con 25 lanzamentos fallados, a maioría deles detidos polo porteiro rival, o Xiria foi incapaz de seguir no partido e acabou cedendo a vitoria ante os de Pontevedra.
Queda agardar o paso da Semana Santa e a volta o Hierros Varela Urbieta xogarase a cuarta posición contra o Balonmán Cangas en Carballlo na penúltima xornada, o vencedor acudirá directo ao Play Off polo Campionato de España, o perdedor terá que xogar a eliminatoria co gañador da Liga Prata, o Balonmán Culleredo.

Hierros Varela Urbieta Xiria 33 (14): Izan Cabeza, Xano Rama (porteiros) Andrés Pombo 10, Nico Cancela 6, Saúl Fuentefría 4, Marcos Varela 7, Xabi Fernández, Nico Mejuto 1, Andrés Pedreira 1, Alvaro Gómez 4, Lucas Mateo e Rubén Nogareda.
Cisne Colegio los Sauces 43 (16): Hugo Carreira, Matias Gestido 9, Daniel Paredes, Adrián Lago 5, Román Latas 3, Pablo Pazos 5, Xoel Lago 13, Roque Díaz 1, Alexandre Villanueva, Pedro Gutierrez 1, Carlos Redondo 1, Nicolás Otero 2 e Adrián González 3.

Arbitraron: Renzo Díaz e Ivan Hernández