O Calvo Xiria cede pola mínima diante do Luceros
Un encontro que comenzou moi igualado; ata que chegados ao minuto 10; os visitantes aproveitaron unha superiordad numérica para irse por dous goles. Nos seguintes minutos; o Calvo Xiria non…

Ao descanso 14 – 17sábado 9 de decembroPavillón Vila de NoiaPrimeira división masculina · Primeira fase · Grupo A · Xornada 14
Un encontro que comenzou moi igualado; ata que chegados ao minuto 10; os visitantes aproveitaron unha superiordad numérica para irse por dous goles. Nos seguintes minutos; o Calvo Xiria non atopou a eficacia defensiva que requiría o choque, e un Luceros entoado cara portería, íase ata os 6 goles de diferenza. Os instantes finais da primeira metade, un Calvo Xiria máis intenso recortou distancias para irse ao descanso cun desfavorable 14 a 17.
Tras o paso por vestiarios, o partido transcorría con parciais axustados; atopando os dous equipos goles con relativa facilidade. Non foi ata os últimos 10 minutos de partido que o Calvo Xiria conseguiría poñerse a tan só un gol. A afección instou o seu equipo a loitar ata o final; pero Luceros non fallou e cunhas porcentaxes moi altas no lanzamento durante todo o partido; lograba levar os dous puntos en xogo, no penúltimo partido da primeira volta.
Calvo Xiria 35- Automania Luceros 36
Calvo Xiria (14+21): Darío Calviño (p), Alejandro Vázquez (p), Aarón Rodríguez (1), Gabriel Castiñeiras (3), Julián García (1), Chimpo Rodríguez (9), Ángel Viña, Samuel Veiga, Diego Antelo (2), Rubén Anes, Mario García, Carlos Varela (4), Mario Cancela (10), Edu Cousillas (3).
Automania Luceros (17+19): Javier Fernández, Manuel Barreiro (1), Martín Fuentes (3), Adrián Bernárdez (6), Manuel Rodríguez (6), Mateo Pallas, Denis Iglesias (1), Pablo Fernández, Gael Blanco (6), Rodrigo Camaño, Víctor Manuel Costas, Rubén Augusto (6), Sergio Piñeiro, Miguel Pousa (7).
Árbitros: Alejandro Lozano e Pablo Martínez
Marcador cada 5 minutos: 1-2, 4-4, 6-8, 8-13, 9-15, 14-17, (descanso), 17-21, 19-23, 24-26, 25-29, 28-32, 35-36 (final).
Incidencias: Partido correspondente a 14ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón Vila de Noia (Carballo).
O partido
- Ao descanso
- 14 – 17
- Exclusións
- 7
- Tempos mortos
- 5


