Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socioBuscar

Noticias do clube

Torneo de Nadal 2023

Recibimos as vacacións de Nadal cun torneo para nenas e nenos de 2014 a 2019 (ambos incluídos). Será unha xornada lúdica onde poderemos desfrutar de partidos de balonmán, animación infantil…

Recibimos as vacacións de Nadal cun torneo para nenas e nenos de 2014 a 2019 (ambos incluídos). Será unha xornada lúdica onde poderemos desfrutar de partidos de balonmán, animación infantil e agasallos para todxs xs participantes.

Os partidos terán lugar no Pavillón Vila de Noia de 16:30 a 18:30 e dividiranse en 2 quendas:

– Xoves 21 de decembro as nenas e nenos de 2016 a 2019

– Venres 22 de decembro as nenas e nenos de 2014 e 2015

A participación é gratuíta pero require inscrición previa no seguinte link:

Inscrición Torneo Nadal 2023

Inscríbete xa e ven a desfrutar da tarde con nós!

Máis sobre isto