O Calvo Xiria condénase, cun mal partido ante un bo rival
Difícil compromiso o que tiña o Calvo Xiria esta fin de semana; diante run dos equipos máis en forma da categoría; o Reconquista de Vigo. Os visitantes non deron opción…

Ao descanso 15 – 22sábado 2 de decembroPavillón Vila de NoiaPrimeira división masculina · Primeira fase · Grupo A · Xornada 12
Difícil compromiso o que tiña o Calvo Xiria esta fin de semana; diante run dos equipos máis en forma da categoría; o Reconquista de Vigo. Os visitantes non deron opción algunha durante os 60 minutos; a un Calvo Xiria que xogou acomplexado e non fixo méritos para facerse cun resultado positivo.
E é que desde o inicio do choque, os visitantes comezaron arroiando cunha eficacia demoledora, colocándose moi pronto 2-6. O Xiria tentou conter o xogo dos vigueses cun momento de boas defensas ao ecuador do primeiro tempo, pero foi imposible e fóronse ao descanso 15-22. A segunda metade fluíu polos mesmo camiños; os vigueses lograban a maior vantaxe chegados ao minuto 42 (20 a 30), e o partido estaba visto para sentenza. O partido perdeu en intensidade, o que aproveitou o Calvo Xiria para redondear o marcador.
De 10 estivo a afección de Carballo; que a pesar do mal encontro do seu equipo, estivo a animar e quedou ata o último alento.
Como sempre; grazas!!!
Calvo Xiria 33 – Balonmano Reconquista de Vigo 36
Calvo Xiria (15+16): Darío Calviño (p), Alejandro Vázquez (1p), Aarón Rodríguez (1), Gabriel Castiñeiras, Julián García (4), Chimpo Rodríguez (14), Ángel Viña, Samuel Veiga, Diego Antelo, Rubén Anes, Mario García (2), Carlos Varela (1), Mario Cancela (8), Edu Cousillas (3).
Balonmano Reconquista de Vigo (22+14): Iago Vidal (6), Cristian Remeseiro (2), Alejandro Gómez, Javier Freijeiro (5), Sergio Altirriba, Yeray Simes, Pablo González, Martín Rial, Pablo Garrido (5), Iago Rivas (1), Xosé Henrique Costas, Anxo Fontán (9), Agustín Franco (6), Ignacio Costas (1), Hugo Alonso (1).
Árbitros: Pablo Castellanos e Santiago Piñera
Marcador cada 5 minutos: 1-3, 4-7, 7-11, 10-15, 13-19, 15-22 (descanso), 18-25, 20-28, 21-30, 26-32, 30-33, 33-36 (final).
O partido
- Ao descanso
- 15 – 22
- Exclusións
- 4
- Tempos mortos
- 4


