Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Infantil masculino

O Garaysa Xiria A supera ao Reconquista de Vigo

Gran partido do Garaysa Xiria A para seguir na parte alta da clasificación da Liga Ouro infantil masculina. Garaysa Xiria A 37 – Reconquista de Vigo 27 Garaysa Xiria: Iker…

Gran partido do Garaysa Xiria A para seguir na parte alta da clasificación da Liga Ouro infantil masculina.

Prev 1 of 1 Next

  • [

    [INF. MASC.] GARAYSA XIRIA A vs IBERCONSA BALONMANO RECONQUISTA DE VIGO

    [INF. MASC.] GARAYSA XIRIA A vs IBERCONSA BALONMANO RECONQUISTA DE VIGO

    ](#ToruRgclphE "[INF. MASC.] GARAYSA XIRIA A vs IBERCONSA BALONMANO RECONQUISTA DE VIGO")

Prev 1 of 1 Next

Garaysa Xiria A 37 – Reconquista de Vigo 27

Garaysa Xiria: Iker Lema, Andrés Gómez, Desale López (16), Ivan Rey (2), Gonzalo García (3), Quintín Insua (3), Rodrigo Rama (5), Lucas Radio (4), Brais Sánchez (2), Dani Pan, Hugo Rama (1), Jorge Nielsen (1) e Sergio Pérez.

Incidencias: Partido correspondente á 6ª xornada da Liga Ouro infantil masculina disputado no Pavillón Fogar (Carballo)

Visitaba Carballo o Reconquista de Vigo nun partido clave para os carballases, que viñan dun mal fin de semana fronte ó Carballal. O partido comezaba con moita intensidade, e con moitas accións individuáis por ambas partes. No ecuador da primeira metade, o Garsaya conseguía meterlle unha marcha máis ao encontro para coller vantaxe e irse ao descanso con varios goles de marxe.

A segunda metade comezaba cun Reconquista con moitas gañas que conseguía colocarse a 3 goles e obligaba a parar o partido ao Xiria. A partires de ahí, os locáis reaccionaron e cun gran parcial impuxeron a lóxica e conseguiron levarse o 2 puntos para seguir arriba na clasificación.

A próxima fin de semana o Garaysa Xiria A terá descanso e non volverá xogar ata o 16 de decembro.

Próximo partido

Máis sobre isto