O Calvo Xiria viaxa á Cañiza este mércores

SÉNIOR MASCULINO 1ª NACIONAL

Esta semana en 1ª nacional hai doble xornada, o mércores o Calvo Xiria desprázase á Cañiza e o sábado recibe ao Luceros.

O Saeplast Bm Cañiza compite nesta categoría dende a tempada 2014/15,  acadou a 4ª posición na tempada 2020/21.  Analizando o plantel do Cañiza podemos indicar que está composto por 16 xogadores en idade sénior, 8 son maiores de 23 anos cunha media de idade de 25 anos. Non conta con xogadores do filial ou do xuvenil. Neste equipo militan o camariñán Cristian Canosa e o lalinense Adrian Losón, dous xogadores que pasaron polo Xiria deixando destellos da súa calidade e grandes tardes no Vila de Noia.

Presenta un bloque moi renovado con respecto ao do ano pasado, con 11 baixas e 8 fichaxes. Entre as baixas están Martín Rial, Javier Mera e Eloy Molanes, que xuntos sumaron 209 goles As principais novidades están na portería coa incorporación dos vigueses Raul Pérez e Jesús Veiga, e a incorporación de Rubén Soliño, despois de 26 anos xogando no Cangas.  Acompañánlle os extremos Rubí López, Martín Dávila e Rikki González, e pivote Samuel Barciela e o 1ª liña José Chao, procedentes do Carballal. Con respecto a tempada pasada manteñen ao seu máximo artilleiro, Cristian Canosa, ex de Xiria e Camariñas, que firmou 150 goles na pasada campaña, Javier Bernárdez (130 goles) e M. A. Gómez Serrato (107 goles).

A traxectoria de ambos equipos presenta un encontro moi igualado, Xiria 10º con 11 puntos e Cañiza 11º con 8 puntos. Ambos equipos veñen de 2 derrotas consecutivas e ambos precisan romper a racha. A vitoria dos carballeses consolidaría o seu diferencial con respecto aos postos de perigo. Os da Paradanta levan unha campaña regular encaixando 30 goles de media por partido e marcando so 29. En ataque destaca a capacidade goleadora de Cristian Canosa, con 65 goles, Martín Dávila, con 51, Rikki González con 41 e José Chao con 39. Pola contra o Xiria é o equipo mais goleador da categoría (32 por partido) e tamén dos mais goleados. O balance favorece aos carballeses, polo que debe manter a súa capacidade goleadora e mellorar o traballo defensivo se quere traer os puntos para casa.