O Calvo Xiria consegue a vitoria en Tejina

Un partido que na súa primeira parte, mantíñase igualado ou cos locais con mínimas vantaxes; decantouno ao seu favor, o excelente labor defensivo do Calvo Xiria que na segunda parte estivo a un gran nivel.

Desde o inicio do encontro, Bm Teijna cargaba o seu xogo posicional sobre o pivote, conseguindo pechar a defensa do Xiria, o que aproveitou abrigo o extremo esquerdo Joel, para facerse máximo goleador do seu equipo. Os cambios mantiñan o nivel de intensidade para un Calvo Xiria que logrou empatar antes do descanso e mesmo puido ir gañando, pero malogrou a súa última ocasión.

A segunda metade, parecía un calco do que sucedera; pero un cambio defensivo do Calvo Xiria, elevou o ritmo de xogo; e asentou ao equipo na pista. Os locais víronse obrigados a solicitar tempo morto no min. 47, cando o marcador ía 22 a 24 e de novo no 54 co 24 a 28. O Calvo Xiria atopábase cómodo coa situación dos últimos minutos e o Bm Tejina cambio a súa defensa, presionando a toda a pista. Ao final; vitoria para un Calvo Xiria que levaba moitas semanas buscando un resultado así.

Bm Tenerife Tejina 27 – Calvo Xiria 32

Bm Tenerife Tejina (15+12): Guillermo Navarro, Javier Aragón (5), Iván Toca, Alejandro Larrondubuno, Jeremy Iyare, Víctor Manuel Oliva(4), Javier Evaristo (4), Jonas Jesús Pérez, José Antonio Rubio (4), Tomás Bañeras (1), Mario Díaz, Brahim Mohamed (1), Alberto Saiz (1), Yusef Mohamed, Joel Armas (7), Gonzalo Arenas.

Calvo Xiria (15+17): Antonio Mato (p), Darío Calviño (p), Aarón Rodríguez (3), Gabriel Castiñeiras, Pablo Veiga (1), Julián García (5), Chimpo Rodríguez (3), Diego Vega (2), Manu Méndez (5), Álex Gómez (4), Jorge Bouzas (9), Carlos Varela, Mario Cancela, Martín Fuentes.

Árbitros: David Montes e Armando Abel Pérez.

Marcador cada 5 minutos: 2-1, 4-4, 7-6, 9-9, 13-10, 15-15, (descanso), 18-17, 21-20, 22-22, 23-26, 24-28, 27-32 (final).

Incidencias: Partido correspondente a 18ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón IES Antonio González De Tejina (Santa Cruz de Tenerife).