Gran actuación do Calvo Xiria en Lalín

O senior feminino segue líder unha semana máis tras acadar os dous puntos diante do Coreti Lalín.

Nun frío pavillón municipal de Lalín, as nosas dominaron o encontro do comezo ó fin. Nun primeira parte comandadas por Aida en ataque, o bo facer defensivo no bloque central afogaba lentamente o ataque lalinés, mais o pouco tino de cara a gol non permitía o Xiria acadar maior vantaxe no marcador.

Con 11-15 ó descanso, á volta dos vestiarios o partido acadou un ritmo frenético. Ambos conxuntos despregaron un vistoso xogo de contraataques con moita eficacia, mais o Xiria, apoiado nuns bos minutos de Duna, foi o único capaz de manter o ritmo ó longo de toda a segunda metade. A coralidade no xogo carballés e maior eficacia da cara a gol, con Marta como máxima anotadora, permitía aumentar a distancia ata o 26-37 final.

Dous puntos máis no casilleiro carballés que serven para manter o liderato unha semana máis. O próxima rival que visite Carballo será o Clube Balonmán Tui que non puxo as cousas fáciles ó Xiria na primeira volta.