O Grupo Lemaco “B” volve a facer unha remontada pero acaba perdendo

10ª Xornada da Liga Prata Cadete Masculino

Grupo Lemaco Xiria B 33 – Culleredo Galaico Caravaning 34 (13-20)

Como na xornada anterior, o Grupo Lemaco despois dunha mala primeira metade onde o Culleredo foi moi superior e marcou distancias no marcador, meteu maior intensidade nas súas accións e conseguiu remontar unha distancia de 8 goles, incluso púxose por diante no marcador, pero desta vez chegou coa gasolina moi xusta a recta final do encontro e non puido superar ao rival.
Gran partido entre os noveles de ambos clubes que volta a gañar o Culleredo de un gol como sucedera na primeira volta en Almeiras.
Grupo Lemaco Xiria B 30 (16): Xano Rama e Izan Cabeza (porteiros), Marcos Varela 3, Simón Viña 4, Alvaro García 3, Alvaro Gómez 1, Nico Cancela 16, Aday Gómez 3, Xabi Fernández, Diego Barbeira 1, Nico Mejuto 2 e Andrés Pedreira.

Culleredo Galaico Caravaning 31 (15): Victor Laya 1, Xoan Bello 3, Alex Tajes, Mateo Pérez, Anxo Negreira 3, Nico Díaz 1, Felix Noya 3, Jaime Serrano 5, Roi Fernández, Teo López 6, Hugo Rodríguez 8, Jairo Míguez 4 e Mateo Negreira.

Arbitrou: Renzo Díaz