O Calvo Xiria consegue unha excelente vitoria ante o Bm Ingenio

O Calvo Xiria logrou este sábado a súa quinta vitoria da tempada tras impoñerse ao Bm Ingenio canario por 32-29 nun duelo igualado e cun pavillón Vila de Noia no que se viviu un gran ambiente; algo habitual na afección carballesa.
 
Foi un partido moi igualado, con moita intensidade por ambos bandos. O Calvo Xiria chegou a ter dunha vantaxe de tres goles (8-5, min 13); pero os visitantes dábanlle a volta ao marcador con gol desde o extremo de Jesús Roberto Santana nos seguintes 5 minutos (9-11, min 19).
O Calvo Xiria poñía de novo a igualdade no electrónico para chegar ao descanso con empate a 16 goles.
 
Unha segunda metade, onde o partido seguiu os mesmos parámetros. A igualdade foi a tónica predominante; o Calvo Xiria lograba manter un gol por encima ou en empate. Chegados ao minuto 52 con 28 a 28; Diego Gago poñía en vantaxe aos seus tras asistencia de Gabriel, e Antonio Mato cunha excelente parada tras lanzamento desde o pivote de Armando, daba un novo ataque posicional para un Calvo Xiria que non perdoaba e poñía vantaxe de dous goles nun momento importante do encontro. Tentábao o Bm Ingenio xogando 7×6, pero o bo labor defensivo e a xestión das situacións en ataque, terminaron por dar a vitoria ao cadro de Carballo que o celebraba cunha afección que relou a gran altura.

Calvo Xiria 32 – Bm Ingenio 29

Calvo Xiria (16+16): Antonio Mato (p), Darío Calviño (p), Aarón Rodríguez (3), Gabriel Castiñeiras (4), David García (4), Pablo Veiga, Chimpo Rodríguez (3), Samuel Veiga (1), Daniel Periscal (5), Orlando Salupassa, Jorge Bouzas (1), Mario García De Searez, Carlos Varela, Diego Gago (3), Mario Cancela (6), Senén Garea (2).

Bm Ingenio (16+13): Alberto Falcón, Javier Sánchez (2), Rafael Sánchez (2), Carlos José Sánchez, Armando Santana (6), Gabriel Sánchez, Jesús Roberto Santana (4), Marcos Rodríguez, Lois Pérez (1), Michael Martín (7), Daniel Jesús Martín (5), Luis Gabriel Hernández, Samuel Cabrera, Rodrigo Ortega.


Árbitros: Cristina Gil e Rafael Gil.


Marcador cada 5 minutos: 2-2, 5-4, 8-7, 9-11, 12-14, 16-16, (descanso), 18-18, 21-21, 25-25, 27-27, 30-28, 32-29 (final).

Incidencias: Partido correspondente a 11ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón Vila de Noia (Carballo).