O Grupo Lemaco A deixa escapar un punto en Carballal(21-21)

Unha mágoa o empate que cosechou o Grupo Lemaco A en Vigo este sábado pola mañá, nunha pista sempre complicada a do Loureiro.
 
E mágoa porque a superioridade carballesa foi notable sobre o equipo local no que a xogo se refire, non así no acerto de cara a porta e por suposto despois dun partido espectacular que se marcou a gardarredes viguesa, que con 26 paradas foi a artífice do punto conseguido polo Carballal.
 
Salientar a gran capacidade e actitude das de Zarra, cando o fácil sería baixar os brazos e  afectar na maneira de xogar, como xa ocorrera outras ocasións, pero seguiron insistindo na mesma idea, logrando sumar un punto que fóra sempre e complicado nunha competición tan igualada.
 
A vindeira semana se descansará, antes de recibir o Bm. Lalín en Carballo