O Calvo Xiria é máis líder logo de superar a difícil proba ante o Vecindario

Vecindario sorprendía ao Calvo Xiria, cun partido xogado en superioridade numérica continua, a través de retirar ao seu porteiro, para xogar 7×6 en ataque.

Nunha primeira parte marcada por este feito, o Xiria sufriu en defensa e non tivo as ideas claras en ataque; o que lle custou irse ao descanso perdendo de 3 goles. Pero o cambio defensivo da segunda metade, serviulle para alcanzar unha vitoria que tras a derrota de Lanzarote contra Chapela; déixalle 5 puntos de vantaxe sobre estes; facendo máis líder a un equipo que vai camiño ao seu primeiro obxectivo.

Os instantes iniciais do encontro, marcados polo ataque en superioridade dos locais, foron igualados, pero o Calvo Xiria empezaba a ceder goles pola zona central, cunha defensa 6:0 excesivamente pasiva e plana, polo que se marcaban as primeiras vantaxes a favor de Vecindario.

Os nervios tras o mal arranque facían cometer erros impropios do equipo e chegaba unha exclusión tras un mal cambio defensa-ataque. O Calvo tívose que refacer aos poucos; pero chegaba ao descanso perdendo por 15-12, con gañas de darlle a volta á situación.

Sentoulle ben o paso por vestiarios ao equipo, para tranquilizarse e concentrarse nas tarefas defensivas. O sistema 5:1 exposto atascóuselle aos locais a pesar de xogar cun xogador máis en ataque e en 5 minutos, o Calvo Xiria xa lle daba a volta ao marcador. O adestrador Carmelo Candido chamaba a filas aos seus tras un parcial de 4 a 10. Tras o tempo morto, o Xiria seguía ao seu, grandes actuacións defensivas tras un esforzo maiúsculo para superar a continúa inferioridade numérica.

O Xiria puido estar máis acertado no contraataque pero precipitouse nalgunhas situacións con lanzamentos a portería baleira, o que mantiña o resultado en diferenzas de menos de 3 goles; dando emoción ata os minutos finais.

Ao final, unha vitoria moi traballada por un Calvo Xiria que segue firme cara o seu primeiro obxectivo.

 

Vitaldent Vecindario Ciudad Gran Canaria 27 – Calvo Xiria 29

Vitaldent Vecindario Ciudad Gran Canaria (15+12): Francisco Manuel González (p), Carlos José Sánchez (p), Lois Pérez, Abdelkarim Rami, Daniel Jesús (1), Michael Martín, Ricardo Santana, José María Castro (2), Abraham Hernández (4), David José Curbelo (3), Álvaro Carames (10), Airam Torres (2), Samuel González (1), Erik Chinchilla (1), Alby M. Rosales (3).

Calvo Xiria (12+17): Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Fari (1), Fran Rey (2), Chimpo Rodríguez (4), Diego Vega (1), Juanka Rodríguez (3), Manu Méndez (1), Alejandro Gómez, Jorge Bouzas (8), David García (7), Adrián Losón, Edu Cousillas (3).

Marcador cada 5 minutos: 2-2, 6-4, 9-6, 11-9, 12-10, 15-12, (descanso); 17-17, 19-20, 21-23, 23-24, 24-27, 27-29.

Árbitros: Víctor Rodríguez e José Carlos Palenzuela.

Incidencias: Partido correspondente á vixésimo cuarta xornada do Grupo A de a Primeira Estatal disputado no pavillón mpal de Vecindario; en Las Palmas de Gran Canaria.