O Calvo Xiria conquistou unha importante vitoria este sábado no Pavillón Juan Vega Mateos ao vencer ao Gáldar de Gran Canaria por un axustado resultado final de 30-31.
O partido empezaba cun Calvo Xiria entoado na parte ofensiva; poñéndose por diante no marcador. Parciais moi igualados e que chegados ao minuto 15, o Gáldar poñía as táboas 8 a 8; os locais estiveron mellor nos minutos finais da primeira parte e con cómodos contraataques, marchaban ao descanso 16 a 14.
Tras a continuación, daba a volta rapidamente o Calvo Xiria ao marcador, cunha gran defensa e un Mario Cancela que desbordaba ao 1×1. Repetíase a tónica dos primeiros 30 minutos; con continuos intercambios no marcador. O factor ambiental, cunha calor excesiva interrompía o partido constantemente, e co paso dos minutos a fátiga íase acumulando. Pero ningún dos dous conxuntos quería que se lle escapase o partido. Chimpo poñía 29 a 29 cando o seu equipo máis o necesitaba xogando 6×6 sen porteiro. Na defensa Edu Cousillas recuperaba o balón e marcaba ao contraataque (29-30). Darío detiña o seguinte lanzamento dos locais e unha fantástica asistencia de Chimpo a Mario Cancela poñía vantaxe de 2 goles a favor do Xiria.
Tempo morto de Gáldar para xogar en superioridade (7×6), a defensa do Xiria colaborando con Darío encargábanse de recuperar un balón máis. Gáldar seguía aprentando e falta de 10 segundos e sen tempo para máis poñía o definitivo 30 a 31.
Gran forma de empezar a tempada 23/24 para o Calvo Xiria; que a semana que vén recibe ao Balonman Culleredo en Carballo.
Gáldar Gran Canaria 30 – Calvo Xiria 31
Gáldar Gran Canaria (16+14): Hugo Manuel Gómez, Sergio Wagner (5), Diego Castellano, Jesús Alejandro Mendoza (3), Emiliano Manuel (4), Adrián Pascual Díaz (1), Saúl Rodríguez, Joaquín Molina, Juan Alejandro Godoy (1), Cayetano Elías González, Carlos Mederos, Nicolás Dieguez (8), Alejandro Castellano (4), Guillermo Arencibia (2), Miguel Ángel Hernández (2), Saulo López.
Calvo Xiria (20+10): Darío Calviño (p), Alejandro Vázquez (p), Aarón Rodríguez (3), Gabriel Castiñeiras (3), Julián García (3), Chimpo Rodríguez (5), Samuel Veiga, Diego Antelo, Jorge Bouzas (2), Rubén Anes (1), Mario Cancela (8), Edu Cousillas (6).
Árbitros: Carlos Vera e Alberto Vera
Marcador cada 5 minutos: 0-2, 5-5, 7-8, 10-9, 12-12, 16-14, (descanso), 17-17, 20-20, 24-24, 24-25, 29-28, 30-31 (final).
Incidencias: Partido correspondente a 1ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no Juan Vega Mateos (Gáldar).