O Grupo Lemaco B impón a súa superioridade ante o Bm. Atlántico-Abegondo

O Grupo Lemaco B da categoría cadete femenina, que está a disputar a competición de pretempada Plata, acadou un contundente resultado ante o Bm. Atlántico-Abegondo na mañá do sábado no Vila de Noia.

As cadetes do Xiria dominaron o encontro de principio a fin, a partir da súa defensa, o que lles permitiu correr durante o encontro e ademáis facelo con moito acerto. As carballesas, que viñan de acadar un empate na primeira xornada ante o Bm. Xallas, mostraron unha mellor versión, sendo moito máis precisas que a semana anterior, onde as perdas de balón foron predominantes.

Con esta victoria(33-10), o Grupo Lemaco B visitará a cancha do Bm. Brigantium o sábado as 12.30h na procura da primeira praza do grupo.