O Calvo Xiria gaña en Coia un partido doutra época

Unha semana na que a federación galega de balonmán traíanos o recordo do gran xogador que foi Ivano Balic, no seu programa de Volta e Media. Seis Do Nadal e Calvo Xiria brindáronnos un choque dos daquela época con algarismos baixos, defensas e porterías relando a gran altura; e onde cada acerto contaba nun choque igual de emocionante que de intenso, que se decidiu no último segundo a favor dun Calvo Xiria; que sabía do perigo deste partido, e da importancia de sumar 2 puntos neste tramo inicial da segunda volta.

Bo inicio de partido para o Xiria que marcaba pequenas vantaxes cunha defensa sólida e unha maior eficacia do ataque posicional que o seu rival (2-5). Tiña que reaccionar o Seis Do Nadal, que no minuto 9 pediría o seu primeiro tempo morto e no minuto 15 volvería solicitar un novo tempo morto cunha desvetaxa de 4 a 9.

Foi a partir dese momento, onde aproveitou unha serie de erros consecutivos do Xiria para recortar diferenzas (6-9). Quedaban 10 minutos e empezaba a entoarse o porteiro local; Víctor mantiña a rela aos lanzadores dun Xiria que non materializaba as ocasións que conseguía xerar. Chegábase ao descanso con 12 a 12 e coa segunda exclusión de Juanka; o cal complicaba as rotacións na primeira liña e tería que empezar a segunda parte cun xogador menos.

Na continuación; un calco da primeira metade, primeiro o Xiria impoñeríase 0-1 na inferioridade con gol de Fary e protagonismo para Iago baixo paus. Con igualdade numérica, o Calvo Xiria xogaría os seus mellores minutos, defensa, contraataque e a mobilidade e velocidade da primeira liña no ataque posicional, levaban o marcador ao 13 a 19. Pero tres exclusións, case de forma consecutiva do Xiria, aproveitadas polo Seis Do Nadal para recortar diferenzas, donde Iago mantiña o pulso do porteiro local, detendo o seu segundo 7 metros e mantendo ao seu equipo por diante; e é que cando a defensa e a portería colaboran tudo flúe máis fácil.

Os dous equipos chegaban ao final con opcións e cada balón pelexábase ata o último alento, Jorge Bouzas ao contraataque poñía o 21 a 23 e Marcos recortaba co 22-23 desde o pivote. O último ataque do Calvo Xiria detíñao Víctor de novo a lanzamento de Jorge, esta vez algo precipitado. Tempo morto local, antes da última posesión e o Seis Do Nadal. Baleiraba portería para xogar en 7×6, pero a anticipación e reacción defensivas obrigaban aos locais a pases pouco precisos chegando o balón a Bruno Cela que desde o extremo dereito atopábase con Iago, para a alegría dos xogadores do Calvo Xiria, que sabían da importancia que tería sumar dous puntos nesta pista.

Magope Seis Do Nadal Coia 22 – Calvo Xiria 23

Magope Seis Do Nadal Coia (12+10): Victor Doval (p), Alexandre Silva (p), Cristian Bretal (p), Santiago Iglesias, Marcos Domínguez, Xurxo Rivas (4), Adrián Leiros (2), Yago Santome (4), Marcos Treinta (1), Diego Rivas, Bruno Cela, Guillermo Rial (8), Javier Mera, Abraham Alonso (3), Jorge Gayo, Martín Rial.

Calvo Xiria (12+11): Iago Gómez (p) (1), Antonio Mato (p), Fari (4), Fran Rey, Dani Mallo, Chimpo Rodríguez (6), Diego Vega (1), Juanka Rodríguez (5), Manu Méndez (1), Alejandro Gómez, Jorge Bouzas (4), Aaron Rodríguez, Mario Cancela, David García, Adrián Losón, Edu Cousillas (1).

Marcador cada 5 minutos: 2-3, 3-5, 4-8, 6-9, 10-10, 12-12, (descanso); 13-14, 13-18, 16-19, 19-21, 20-22, 22-23.

Árbitros: Pablo González e Fernando Lozano.

Incidencias: Partido correspondente á décimo sétima xornada do Grupo A de a Primeira Estatal, disputado no pavillón mpal de Coia, de Vigo.