O Calvo Xiria gaña en Tenerife un choque intenso

Debe estar satisfeito o Calvo Xiria, gañando diante dun Bm Tejina que propuxo un xogo agresivo e intenso rozando os límites, baseado na súa defensa 6:0. Pero non se engurrou un Xiria, que tivo que empregarse a fondo e a pesar de non estar suficientemente acertado en defensa soubo xogar para gañar. Cun terzo da competición xogada o Calvo Xiria é líder empatado a puntos co Lanzarote.

Os primeiros compases do encontro, marcados por dúas exclusións temperás do Calvo Xiria, onde o acerto en ataque e as paradas de 6 metros de Iago, déronlle vantaxe no marcador. Con todos os xogadores en pista non conseguía despegarse o Xiria, que defensivamente non se atopaba cómodo; pero a boa actitude e intensidade sobre a pista matenía a vantaxe visitante. Ao descanso chegábase con 12 a 15.

Na continuación, o Xiria buscaría un revulsivo, co cambio de sistema defensivo e con Antonio baixo paus. Dez minutos bos; que elevarían o resultado ata o 17 a 23 pero os locais, lonxe de baixar os brazos aumentaron a agresividade nas súas accións reducindo diferenzas. Os xogadores do Calvo Xiria que se puxeron o mono de traballo todo o partido, foron máis eficaces nos minutos finais e levaron os dous puntos.

Bm Tenerife Tejina 26 – Calvo Xiria 31

Bm Tenerife Tejina (12+14): Adrián González (1), Cristopher Marreiro (2), Amit Vashedev (5), Oscar Luis Rivero, Alejandro Andrés Castro, Guillermo Navarro, José Antonio Rubio (3), Alonso Correa (2), Carlos Abian, Manuel Rodríguez, Ángel Blas, Nestor Cuevas, Rubén Cubiles, Victor Manuel Oliva (9), Iván Parrilla (4).

Calvo Xiria (15+16): Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Fari, Gabriel Castiñeiras (1), Fran Rey, Dani Mallo (2), Chimpo Rodríguez (9), Diego Vega (2), Manu Méndez (2), Alejandro Gómez, Jorge Bouzas (4) David García (7) Adrián Losón (1), Edu Cousillas (3).

 

Marcador cada 5 minutos: 1-1, 2-4, 5-8, 7-11, 9-12, 12-15, (descanso); 14-18, 17-23, 19-23, 22-24, 25-26, 26-31.

Árbitros: Andrés Leandro Martín e Diego Pastoriza.

Incidencias: Partido correspondente á décima xornada do Grupo A da Primeira Estatal, disputado no pavillón IES Antonio González de Tejina, en Tenerife.