O Calvo Xiria xoga de novo con público diante do Lavadores

1ª Nacional masculina

Chegados á xornada 11 da liga; o Calvo Xiria disputa o seu último partido na casa neste 2020; faino fronte ao U.b Lavadores de Vigo, un equipo renovado e xoven; en plena reconstrución; cun novo adestrador, que vai a máis co paso das semanas. O Calvo Xiria, quere ofrecer un bo encontro á súa afección que regresa ao Vila de Noia para animar aos seus. O feito de ter público é un factor crave, para a motivación dun Xiria que ten como obxectivo mellorar no aspecto defensivo. Traballar como un bloque e coordinar as axudas defensivas, para frear a un conxunto vigués con iniciativa para o 1×1 e 2×2. En ataque ten que adaptarse tanto ao 6:0, como ao 5:1 que propoñen os visitantes, e mostrarse seguros nos lanzamentos desde os 6 metros. O partido dispútase ás 20:00.

1ª Autonómica Feminina:

Esta semana o Goldie Xiria Carballo Turismo xoga no Vila de Noia co obxectivo de acabar a vitoria trala dobre derrota ante o Bm. Pabellón da pasada ponte. O rival que visita Carballo este sábado ás 17:00 é o Bm. Samertolameu, equipo que compite por primeira vez esta tempada e que vén a coller o baleiro deixado polo Balonmán Moaña.

As nosas tratarán de impór o ritmo do encontro, apostando por un cambio de dinámica que faga recuperar as sensacións dos primeiros encontros e que demostre a calidade que se está a amosar nos adestramentos. Pola outra banda, as de Moaña focalizan o seu xogo nas accións coas pivotes e as circulacións de extremos, así coma nos cambios nos sistemas defensivos entre o 6:0 e o 5:1.

O Goldie conta coa plantilla ó completo para afrontar o choque de máxima rivalidade no que está en xogo a terceira praza.

Categorías base

Abrirá a xornada do sábado, o Laber Xiria, no Vila de Noia ás 10:00, que se enfronta ao Oar Ciudad. De puntuar os de Carballo, serían matematicamente primeiros de grupo nesta fase da competición; pero non deben especular co resultado e saír desde o inicio para buscar os dous puntos. Ás 12:15 os cadetes do Grupo Lemaco Xiria B teñen o dificil reto de tratar de gañar ao Club Balonmán Atlántico, que marcha líder da competición. Boa proba para ver onde se atopa o nivel actual do equipo e saber que obxectivo se poden chegar a marcar, sen poñerse límites.

Ás 10:00 no Ceip Fogar, o Grupo Lemaco Xiria A, enfróntase ao Abegondo Casa Torreiro, o equipo está na mesma situación que os seus compañeiros xuvenís; necesitan puntuar para terminar de primeiros; pero evitando pensar no resultado; débense marcar o obxectivo de mellorar na faceta defensiva e ser máis constantes ao longo dos 60 minutos. Ás 12:15; por fin veremos de volta ao Metalúrxica Bb Xiria, con gañas de disputar un novo partido, despois de dúas semanas sen poder facelo, custará un pouco nos primeiros minutos entoar de novo o ritmo da competición; pero o progreso adquirido estás semanas, dará un bo resultado ao equipo; o seu rival será o Abegondo F40.

O Hierros Varela Urbieta Xiria afronta o encontro do domingo ás 12:00 no Pavillón da Fontenla en Santa Comba ante o Bm. linea 21 coa única baixa de Lucía España e coa alta médica de Alba García que se apota na última fase de súa recuperación trala lesión de xeonllo.

As nosas rapazas tratarán de acadar os dous puntos mantendo o bo nivel defensivo dos últimos encontros e xogando en ataque con confianza desfrutando de todas as accións. As boas sensacións do grupo xa provocaron que varias xogadoras comezasen a formar parte da plantilla senior.

Unha vitoria o domingo clasificaría as nosas para xogar en división de honra co reto de seguir mellorando en cada sesión e coa ilusión de que vaian medrando coma xogadoras e coma persoas pouco a pouco e poidan incorporarse ó equipo senior.

O Punta del Este Xiria volta a competición este fin de semana e farao por partida dobre. Na mañà de sábado desprazárase a Santa Comba para medirse ao Xallas, nun partido que se prevé máis igualado que o xogado en Carballo, donde o Xallas contaba con numerosas baixas. O Xiria deberá mellorar na faceta defensiva se quere facerse co encontro.

O domingo as 11:30 recibe no pavillón Ceip Fogar ó Brigantium. As carballesas terán que saír enchufadas dende o primeiro minuto, marcando o ritmo de partido e non deixàndose levar polo ritmo das rivais. As rotacións serán moi importantes nun fin de semana de gran esixencia para as carballesas.