O Grupo Lemaco A faise máis líder ao derrotar ao Oar

Grupo Lemaco Xiria A 35 – Oar Ciudad 31 (19-15)

O equipo Cadete suma por vitorias os seus partidos e acada diferenza no seu grupo diante dos seus rivais. Non amosou o Xiria a súa mellor cara en defensa, con moitos fallos e falto de intensidade en moitas xogadas, pero soubo ler ben por onde facer dano ao Oar no ataque.
Partido onde a superioridade de envergadura dos coruñeses supoñía un escollo que tiñan que superar os xogadores do Grupo Lemaco para poder chegar con opcións a portería, moita mobilidade entre postos e boa selección de lanzamento foron as craves para levar e dominar durante todo o encontro.
Non estivo tan atinado o equipo carballés en defensa, moi débil no un contra un, e moi perdidos nos cambios de opoñente, a portería aguantou e aportou gran parte da vitoria, e por veces conseguía que o equipo puidera correr a contra e materializar a diferencias no marcador.
Agora para rematar a fase faltan os dous partidos diante do Abegondo nas vindeiras semanas.

Grupo Lemaco Xiria A 35 (19): Alex Vázquez e Mateo Pallas (porteiros), Samuel Veiga 2, Erik Vázquez 3, Angel Viña 12, Samuel Regueira 3, Alberto Rodríguez 3, Nicolás García 1, Manuel Rey 1, Pablo Veiga 7, Xurxo Fraga 3, Miguel Cambón, Marcos Amarelle e Hugo García.

Oar Ciudad 31 (15): Daniel Garea, Diego Louzao 1, Besay Almeida, Ivan Alfonso, Joel Rábade 7, Martín Rodríguez, Ignacio Seijo, Antón Casas 1, Adrián Pérez 11, Marcelo Gil 3, Alejandro Vasallo , Derek Capelo, Cristovo Castro 1 e Efren Viaño 7.

Arbitraron: Henrique Folgoso e Gabriel Folgoso