O Calvo Xiria imponse no derbi [?]

Ruxiu o Vila de Noia, para unirse cos xogadores; nun encontro no que o factor emocional sempre é importante. Así o Calvo Xiria resolvía levándose os dous puntos para seguir aspirando á parte alta da clasificación.

O Calvo Xiria imprimía un forte ritmo ao partido desde o inicio; o que pronto se vería reflectido no marcador coas primeiras vantaxes. Con 8 a 4 o adestrador oarista, paraba o encontro, para reorganizar aos seus. Pero o Calvo Xiria seguía atopando ocos na defensa ata conseguir o 16 a 10. Unha defensa mixta sobre o capitán Manuel Méndez, que estaba a ser o mellor dos seus, atragoábaselle en demasía aos de Carballo, cun parcial de 1 a 7, chegábase ao descanso 17 a 17, logo de un último gol de Chimpo a falta de dous segundos.

Na continuación, un Calvo Xiria concentrado nas tarefas que debía de facer, conseguía distanciarse ata o 21 a 17. Está vez a defensa mixta non lle serviría aos visitantes, e un Juanka enchufado, aproveitábase do traballo na sombra de Adrián Losón desde o pivote, para facerse imparable; a defensa do Oar non puido facer nada, e a distancia foise ata os 8 goles, sentenciando o encontro e deixando dous puntos máis para os de Carballo.

Calvo Xiria 33 – Oar Coruña 27

Calvo Xiria (17+16): Iago [p], Antonio [p], Cristian Canosa (3), Gabriel Castiñeiras (2), Julián López, Brais Puñal (1), Fran Rey (1), Daniel Mallo (1), Chimpo Rodríguez (1), Franco Rial, Juan Carlos Rodríguez (10), Manu Méndez (6), Jorge Bouzas, Adrián Losón, Edu Cousillas (8).

Oar Coruña (17+10): Miguel Roberto Sio (1), Victor Couceiro (3), Manuel López, Mario Chan (2), Alejandro Naya, Kevin Dacosta, Pedro Pereira (1), David Sineiro, Alecssander Antonio (1), Carlos Martín Guisasola, Alejandro Calvete (2), Francesco Aragona (16), Jaime Martín, Adrián López (1).

 

Maracdor cada 5 minutos: 4-2, 8-4, ,10-8, 14-10, 16-13, 17-17, (descanso); 21-17, 22-19, 24-22, 26-22, 31-24, 33-27.

Árbitros: Alberto Fernández y Silvia Vázquez.

Incidencias: Partido correspondente á doudécima xornada do Grupo A de a Primeira Estatal disputado no Vila De Noia de Carballo ante uns 500 afeccionados.