O pasado xoves 5 o Metalúrgica BB xogou un partido adiantado correspondente coa xornada 10 da liga regular. O partido enfrontaba a dous rivais directos 4º e 5º clasificados. O Metalúrgica viña de facer bos encontros e tiña a confianza suficiente para que o partido fose igualado.
O partido comezou con un Metalúrgica moi enchufado, en ataque con un xogo moi rápido e moi valente, conseguindo goles rápidos grazas a atacar en carreira aos espazos. A defensa prantexada estaba moi intensa, sen embargo uns desaxustes facía que o Lucense conseguese anotar en zonas centrais co xogo co pivote. Na primeira metade os carballeses conseguiron varias ventaxas no marcador pero ao paso polos vestiarios o encontro ía igualado 15-15.
A volta dos vestiarios o equipo caraballés seguía despregando un xogo rápido e moi vertical, xogo que lle daba bo resultado. Na faceta defensiva o Metalúrgica conseguiu axustar e reforzar a zona centro onde maior dano estaba a facer o equipo lucense. De este xeito foise distanciando no marcador ata chegar ao 34-25 final.
METALÚRGICA BB XIRIA 34 (15 + 19): Anton Pardiñas, Henrique Traba(8), Alvaro Garcia (1), Daniel Periscal (4), Diego Mourelle (3), Jorge Rodriguez (1), Yago Sande, Marcos Suarez (7), Brais suarez (1), Diego Barbeira (1), Simon Viña, Maxi Diaz, Nicolás Cancela (8).
CP LUCENSE 25 (15-10) Pablo Navia, Bieito Martínez (8), Hugo Armesto, Nicolás Fernández (10), Samuel, David Vázquez (1), Pablo Pedreira, Yago, Junior, Breixo (6), Teo LLamazares, Enol Vila, Mateo.