O Calvo Xiria inicia con bo pé o seu camiño na liga

Impúxose o Calvo Xiria ao Seaplast Cañiza nun partido intenso, no que manexou vantaxes de entre 2 e 5 goles; e que se decidiu no últimos cinco minutos. Bo papel do equipo que tivo unha sintonía perfecta coa súa afección neste arranque de tempada.

O choque empezaba igualado nos seus primeiros 10 minutos (3-3), as defensas xunto aos porteiros Antonio Mato por parte local e Víctor Doval polos visitantes, freaban os intentos por marcar dos lanzadores de ambos os conxuntos. O seguinte tramo de partido un parcial 3-0 a favor do Xiria fixo que os de Cañiza pecharán filas contorna ao seu adestrador. Pero os de Carballo, continuaron cos labores defensivos impoñendo o seu bloque central, ante a primeira liña visitante (11-6); que seguiu pelexando os últimos 5 minutos de primeira parte para irse ao descanso con 13-9.

Tras a continuación, o Calvo Xiria lograba outra vez unha renda de 5 goles e Cañiza solicitaba un novo tempo morto. Víctor en portería mantiña aos seus no partido, e outra dobre exclusión que sufría o Calvo Xiria, permitiulles aos de Cañiza realizar unha defensa máis presionante. A vantaxe reduciuse ata os dous goles; pero de novo a defensa local, que estivo a gran altura durante os 60 minutos, conseguiu dous balóns que materializaron ao contraataque (20-16). Cañiza agarrábase aos 7 metros que transformaba Javier Bernárdez; ata 7 seguidos só na segunda parte. Os xogadores do Calvo Xiria querían refrendar unha boa tarde da mellor maneira e a falta de 2 minutos un gol de David poñía en 23 – 20 no marcador e sentenciaba o encontro.

Moita emoción na primeira xornada de liga; xa que a un encontro vibrante por parte dos dous equipos, sumábaselle a benvida que tiveron en Carballo, Fary e Losón, dous xogadores que deixaron un gran recordo á afección carballesa.

Calvo Xiria 24 – Balonman Saeplast Cañiza 21

Calvo Xiria (13+11): Antonio Mato (p), Rökkvi Steinunnarson (p), Carlos Guisasola, Gabriel Castiñeiras (2), Fran Rey (1), Carlos Varela (1), Chimpo Rodríguez (3), Diego Vega (2), Diego Antelo, Manuel Méndez (5), Alejandro Gómez, Jorge Bouzas (2), Aaron Rodríguez, Mario Cancela, David García (5), Edu Cousillas (3).

Balonman Saeplast Cañiza (9+12): Víctor Doval, Pablo González, Adrián Lusquiños, Manuel Alejandro (3), Nicolás David, Marcos Carrera, Carlos Rodríguez, Jacobo Río, Saúl Candan (1), Jorge Martínez, Iñigo Silva, Cristian Canosa (3), Javier Bernárdez (11), Daniel Vicente (2), Adrián Losón, Salvador De Cristofaro.

7 metros: Calvo Xiria 3/5 Balonman Saeplast Cañiza 10/11

Marcador cada 5 minutos: 2-1, 3-3, 6-4, 8-5, 11-6, 13-9, (descanso); 15-9, 16-12, 18-14, 19-16, 22-17, 24-21.

Árbitros: Marcos Pérez e Pablo Torreiro do colexio galego.

Incidencias: Partido correspondiente a primeira xornada do Grupo A da Primeira Estatal disputado no pavillón Vila de Noia (Carballo).