A previa da xornada: Ilusionante fin de semana para as Escolas Balonman Xiria!!  

En primeira nacional masculina; o sábado ás 19:00 no pavillón de Coia (Vigo) O Calvo Xiria tratará de superar ao conxunto local do Magope Seis Do Nadal.  O conxunto olivico, ten baixas importantes respecto á tempada pasada; pero  os reforzos tamén son notorios, e unha estrutura de xogo coñecida por os seus  xogadores desde a base outorgan continuidade a un equipo que sempre ofrece  garantías á hora de competir.  

O Calvo Xiria, quere consolidar o bo xogo visto a semana pasada, nun choque  que lle esixirá manexar os tempos do partido.  

O contraataque, a selección e o momento de lanzamento, claves para  conseguir os dous puntos.  

O técnico Adrián Dubra dispón de todo o persoal para a disputa do partido.  

Pola súa banda, en primeira autonómica feminina, o Calvo Xiria enfróntase a  domicilio ao Mantido SL Constr. Bm Xallas. Despois dunha semana de parón  polas seleccións galegas, regresa a competición e faino con derbi, o sábado ás  18:00 no pavillón Fontela (Santa Comba).  

As xogadoras do Xiria buscar refrendar no partido, o ambiente e as gañas que  se respiran adestrando; e abrigo ese bo xogo que lles levou a lograr a vitoria na primeira xornada. O traballo defensivo antóllase fundamental para ver quen  leva a vitoria.  

No referente ás categorías base; a fin de semana non pode ser máis  apaixonante. Ata catro equipos disputan os play off de ascenso. En Redondela  o Punta del Este Xiria, enfróntase a Sar Rodavigo, Sd Teucro Pescamar e UB Lavadores Vigo. Serán 3 partidos en 3 días. Haberá emoción polos catro  custados.  

Tamén con tripla xornada atópanse o Hierros Varela Urbieta Xiria, que xogará  contra Calfrima Carballal, Balonmán Porriño B e Coreti Lalín, no pavillón  Loureiro (Vigo).  

E o Laber Xiria que fará o propio contra Bm Arteixo Maruxía Asesores, Luceros,  Carpintería Jar Lalín, en Cangas.  

Mentres o Garaysa Xiria, viaxa ata Tui, onde lle espera unha dobre xornada  contra Balonman Tui e Sd Teucro Frigoríficos Moldes.

Unha fin de semana  cargada de partidos e intensidade que establecerá as aspiracións dos equipos  infantís e xuvenís das Escolas Balonman Xiria.

Que non cho conten!!! Ven ao  balonmán!!!