O Calvo Xiria lévase os puntos nun bo segundo tempo

Vitoria do Calvo Xiria na xornada inaugural da 1ª Estatal ante un Poio Artai que se mantivo no partido ate o minuto 35 aproveitándose dos innumerables erros de lanzamento dende os seis metros cometidos polos verdibrancos. Cun xogo ofensivo baseado na velocidade do balón e na mobilidade dos seus xogadores o conxunto carballés era quen de subministrar balóns moi cómodos a súa segunda liña, mais non se transformaban en gol. So a boa labor en defensa e o traballo en portería permitían que o Xiria continuase ao mando no electrónico.
Mais cando a segunda liña afinou a súa puntería o Calvo Xiria acadou un parcial de +10 que rompeu definitivamente o encontro, permitindo o debut de Julián, que dispuxo de dez minutos para ir colléndolle o ritmo á categoría.

Incidencias: Partido disputado no Pavillón da Seca ante uns 100 espectadores.

POIO ARTAI (21): Antón Salgueiro [p], Víctor Barreiro (2), Santiago Garrido, David Rodríguez (1), Miguel Roibás (4), Jorge Rodríguez (1), Fernando Mosquera (2), Carlos Gehrhardt (3), Juan Novas [p], Martín Tarrio [p], José Manuel Núñez, Alberto López (6), Tomás Gehrhardt (2).
CALVO XIRIA (31): Alejandro Naya [p], Ramón Suárez-Pumariega (1), Javier Rodríguez (2), Martín Alfeirán (6), Brais Puñal (4), Manuel Méndez (4), Jorge Bouzas (3), Martín Gómez [p], Alejandro Calvete (3), Pablo Iglesias (4), Sergio Facal (3), Gonzalo Pombo (1), Julián López, Iván Campos.
Marcador cada cinco minutos: 1-3, 1-4, 2-6, 6-8, 7-10, 10-13, descanso, 13-15, 15-19, 15-24, 16-28, 18-31, 21-31.
Colexiados: José María Reyes Incinillas e Susana Reoyo Zamora (Castela e León). Excluíron a Carlos e Tomás nos locais e a Martín Alfeirán, Julián (2) e nos visitantes.

Copy of Clip_33 copia