Estimado socio:
Por medio da presente, de conformidade co disposto no Artigo 17.1 dos Estatutos Sociales vixentes convócaselle a Asemblea Xeral Ordinaria da entidade ESCOLAS BALONMAN XIRIA a celebrar nas dependencias do FORUM DE CARBALLO, sito na Praza dos Bombeiros Voluntarios (A Milagrosa), de Carballo o próximo día 01 de outubro de 2014, mércores, as vinte horas en primeira convocatoria e as vinte trinta horas en segunda convocatoria, coa seguinte ORDE DO DÍA
1.- Lectura e aprobación da acta anterior.
2.- Exame e aprobación, se procede, das Contas da tempada 2013/2014.
3.- Exame e aprobación, se procede, dos Orzamentos para tempada 2014/2015.
4.- Exame da memoria de actividades e aprobación, se procede, da xestión da Xunta directiva.
5.- Rogos e preguntas.
A Continuación, conforme o Artigo 17.2 dos Estatutos Sociales vixentes convócaselle a Asemblea Xeral Extraordinaria para tratar os seguintes puntos:
1.- Nomeamento, cese e/ou renovación de cargos da Xunta Directiva.
Sen outro particular e coa esperanza de poder contar coa vosa
presencia na Asemblea, recibide un cordial saúdo.