O Calvo Xiria líder en solitario tras gañar o derbi

Fin de semana inmellorable para o Calvo Xiria; que conseguiu impoñerse ao Oar Coruña a domicilio e aproveitou o tropezo do Lanzarote en Bueu, para gozar no parón de Nadal como líder do grupo A.

O derbi, presentounos unha primeira metade marcada polas defensas. Un marcador con algarismos baixos (8-11); onde á solvencia defensiva do Calvo Xiria sumábanselle as intervencións de Iago e o bo balance defensivo; incluso xogando ata en dúas ocasións en inferioridade numérica. De non ser por algúns erros individuais, o Calvo Xiria podería irse cunha maior vantaxe.

Nos segundos 30 minutos; o Calvo Xiria seguía con defensa 6:0 comandada por Aaron e *Álex desde os centrais en colaboración cos seus compañeiros. O traballo colectivo de todos raiou a gran altura. Mario Cancela marcaría os dous primeiros goles dun parcial de 2-9 que nin un tempo morto de Pablo Aguirregabiria puido frear. A falta de 20 minutos o partido estaba visto para sentenza; e un erro do Oar nos cambios poñía en superioridade numérica ao Xiria, que mantivo o seu ritmo de xogo ata o final do partido.

Os novos valores do Xiria destacaron nun partido, ben arroupados polos xogadores máis expertos. O equipo crece co paso das semanas e agora terá un pequeno parón antes de retomar os adestramentos, para enfrontarse coas máximas garantías a 5 meses longos de competición.

Oar Coruña 20 – Calvo Xiria 33

Calvo Xiria (11+22): Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Fari (5), Gabriel Castiñeiras (1), Fran Rey (2), Dani Mallo (1), Chimpo Rodríguez (3), Diego Vega (4), Manu Méndez (3), Alejandro Gómez, Jorge Bouzas (4), Aaron Rodríguez (2), Mario Cancela (5), David García (5) Adrián Losón, Edu Cousillas (1).

Oar Coruña (8+12): Alejandro Naya (p), Jaime Martín (p), Francisco Morettin (4), Pablo Martínez (1), Juan Pereira, Carlos Martín (2), Emanuel Sergio (1), Diego Piñera (1), Mario Chan (2), Alejandro Calvete, Luis Fernando Moreno, Pedro Pereira (2), Nicolás Cecchini (2), Santiago Lojo (2), Daniel Mcnamee (1), Adrián López (2).

Marcador cada 5 minutos: 1-2, 3-4, 5-7, 7-9, 8-10, 8-11, (descanso); 9-15, 10-20, 13-25, 16-27, 18-31, 20-33.

Árbitros: Alejandro Lozano e Pablo Martínez.

Incidencias: Partido correspondente á duodécima xornada do Grupo A da Primeira Estatal, disputado no pavillón San Francisco Javier, A Coruña.