O Calvo Xiria quere despedir o ano no máis alto, no derbi, contra o Oar Coruña

1ª Nacional masculina

Última partido antes do parón de Nadal, e nin máis nin menos que unha xornada especial para despedir este 2020. O Calvo Xiria xoga a domicilio no pavillón San Francisco Javier o sábado ás 19:45, no derbi provincial de primeira nacional fronte ao Oar Coruña. O conxunto local vai de menos a máis esta tempada coas incorporacións tardías de Emanuel Sergio, Pablo Martínez, Nicolás Cecchini e Francisco Morettin, que xa están axustados a plan do adestrador Pablo Aguirregabiria. Tamén disputan o encontro, os exxogadores de Xiria; Alejandro Naya, Alejandro Calvate, e os irmáns Pedro e Juan Pereira; mentres por parte do Calvo Xiria, dous xogadores con pasado Oarista, como son Edu Cousillas e Diego Vega. Por tanto; dous rivais coñecidos, que seguro disputarán un encontro vibrante e emocionante para as afeccións, que poderán seguir o partido a través do streaming. O Calvo Xiria busca os dous puntos para terminar o ano como líder do grupo A; por tanto, o partido afróntase como unha final. Máxima esixencia e esforzo, nun partido con moito ritmo, e onde o traballo defensivo será fundamental para o resultado final.

1ª Autonómica Feminina

O Goldie Xiria Carballo Turismo devolve este domingo ás 12 a visita contra ó Bm. Samertolameu no que será ó oitavo encontro das nosas correspondente á xornada número doce. Tralas tres últimas derrotas, a mellor vacina posible é volver para a casa cos dous puntos e demostrar a mellora grupal que se ven a demostrar dende xaneiro e onde os resultados non deben empañar o traballo dun equipo en construcción.

Como se demostrou a pasada semana, o nivel de ambos conxuntos é moi semellante e a balanza decantouse do lado das de Moaña polos excesivos erros de lanzamento en momentos chave dos partidos, que ensombrecen o bo hacer noutras moitas facetas do xogo. As xogadoras levan toda a semana preparando o encontro concienciadas de solventar os erros, defender con eficacia as accións de dous contra dous do rival e adaptarse ós sucesivos cambios no sistema defensivo.

Para este encontro o Goldie conta coas baixas de Natalia por molestias nun xeonllo e de Lara tras unha semana enferma, pero o resto das xogadoras están dispoñibles para volver para Carballo cos dous puntos.

Categorías base

O Hierros Varela Urbieta Xiria pecha este sábado ás 10:00 no Vila de Noia a primeira fase da competición co encontro ante o Bm Línea 21 despois dunha derrota a semana pasada nun partido atípico que tivo que xogarse en dúas instalacións distintas por mor da condensación. Nun equipo que conta coas baixas de Lara Otero enferma, Nina e Lucía mancadas nos ombreiros e Alba que se atopa xa na fase final de recuperación, o esforzo do resto xogadoras ten que ser inmenso para facer fronte a un equipo con potentes accións de un contra un e unha defensa 6:0 sen apenas profundidade que dificultuo por momentos o ataque das nosas.

Un punto o sábado clasificaría para xogar en división de honra a un grupo que, cheo de xogadoras cadetes, non deixa de medrar en cada ocasión que está na pista.

O Garaysa Xiria xoga o sábado as 12:00 no Ceip Fogar, contra Bm Culleredo Sutenor, despois da dura derrota da semana pasada os infantís queren competir e gañar a un rival forte, que seguro lles fará medrar como xogadores e ser mellor equipo. Importante manter a concentración no xogo e pelexar cada acción ata o pitido final.

O Metalúrgica BB Xiria xoga o domingo ás 12:00 no pavillón San Marcos contra Abegondo F40; os infantís que experimentan un cambio no seu xogo e van progresando de maneira positiva, teñen que dar un mellor nivel físico para manter o ritmo do partido.

As infantís do Punta del Este Xiria enfróntanse o domingo ás 10:00 en Novo Mesoiro ao Bm Brigantium, un encontro desigual, polas diferentes experiencias de ambos os equipos, onde as nosas deben facerse cos dous puntos e seguir mellorando colectivamente.

Os equipos cadetes, teñen unha maratón de partidos xa que disputan ata 3 encontros, para recuperar así a xornada aprazada. O Grupo Lemaco Xiria B, enfróntase o sábado ás 11:30 na Gándara, ao CBM Narón-Ferrolterra Grupo Capela e o domingo ás 12:00 no Valle Inclán, ao Bm Atlántico. Dous partidos a domicilio que decidirán quen é primeiro de grupo.

E o Grupo Lemaco Xiria A, xoga o domingo ás 10:00 en San Marcos, contra Abegondo Casa Torreiro, onde buscarán mellorar o xogo da semana anterior e un partido igualado.

Pecha a xornada, o Laber Xiria, con outro derbi provincial en San Francisco Javier, o domingo á 13:00, contra o Oar Coruña. Co liderado no peto, buscan terminar da mellor maneira posible un ano especialmente difícil para todos.